Filipo o Árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda co retrato de Filipo o Árabe.

Marcus Iulius Philipus, nace no 204, en Trachonitide, preto da actual Damasco. Pasou á historia co nome de Filipo I , ou Filipo o Árabe. Gobernou o Imperio Romano entre os anos 244 a 249.

Filipo coma soldado[editar | editar a fonte]

No ano 230 casou con Marcia Otacilia Severa e tivo un fillo ao que lle deron o nome de Marcus Iulius Severus Filipus. Durante a campaña en Oriente contra os persas do emperador Gordiano III, distinguiuse en parte axudado polo seu irmán Xulio Prisco. A morte de Temiseteo, e apoiado polo exército, é nomeado prefecto do pretorio polo emperador. Dende aquel intre tenta de poñer en dúbida a capaciade do emperador para as operacións militares que se estaban a realizar, e as tropas asasinan a Gordiano III e nomean a Marco Xulio Filipo emperador.

Filipo coma emperador[editar | editar a fonte]

Envía cartas ó Senado, comunicándolles a morte do emperador, e o seu nomeamento por parte das lexións. O Senado despois dalgunhas dúbidas, noméao emperador, a súa muller Marcia augusta e o seu fillo césar. Tralo pago dun tributo, e da renuncia a Armenia e Mesopotamia o rei de Persia Sapor I, consegue a paz en Oriente. Nomea o seu irmán Xulio Prisco reitor do Oriente, á súa cidade natal dalle o nome de Philipopolis e volta a Roma.

No 245, os carpios fan incursións no Danubio. Filipo leva a campaña persoalmente e consegue vencelos no 247. Trala vitoria, nomea o seu fillo augustus e o seu sucesor.

Como construtor, Filipo embeleceu Roma con grandes edificios, creou o lacus do Trastevere e reparou numerosas calzadas en diversas provincias do Imperio.

Con el celébrase o primeiro milenio da fundación da cidade de Roma, con grandes xogos, entre os que destacaron os do Centenario, ou Ludi Saeculares, que resultaron particularmente fastuosos pola grande cantidade de animais e gladiadores que tomaron parte neles.

Pouco despois comezan a xurdir pretendentes ó trono en diversas provincias do Imperio. No 248, as lexiónsde Oriente nomean emperador a Pupieno, pero rapidamente son sometidos. No Danubio, as lexión de Panonia e Moesia nomean a Claudio Marino Pacatiano.

Morte de Filipo[editar | editar a fonte]

Filipo envía ó Danubio a Quinto Trajano Decio, xeneral de orixen panonio e senador, en contra de Pacatiano. Pero as tropas, ó saber da súa chegada, matan a Pacatiano e nomean a Decio Augusto I. Este acepta e leva as tropas cara a Italia. Filipo sae coas súas tropas ó encontro. En Verona ten lugar a loita entre as dúas forzas, na que Filipo o Árabe morre e o seu fillo é capturado e asasinado. Decio é entón proclamado emperador polo Senado.

Imperio Romano

Segue a:
Gordiano III
Filipo o Árabe
Precede a:
Decio
Crise do seculo III