Zhuge Liang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zhuge Liang, tamén chamado Zhu Ge Kong Ming ou Kong Mingnado, nado no ano 181 e finado no 234, foi un estratego chinés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o principal estratego e conselleiro do Reino de Shu, debido á súa xenialidade foi chamado "Dragón Dormente", decidiu servir a Liu Bei, logo de ser honrado con tres visitas do novo líder de Shu. Moi capaz tanto para cuestións domesticas como estranxeiras, un estratego notábel, que mesturaba cos seus coñecementos meteorolóxicos, e astronómicos, coas condicións da natureza. Tamén foi inventor. Entres as súas invencións se atopan a lanterna de Kong Ming[Cómpre referencia] ou as lámpadas flotantes mediante o efecto do globo para iluminar o camiño pola noite sen que o seu exército fose descuberto.

Foi partícipe da fundación de Reino de Shu. Morreu na batalla de Wu Zhaing Plains.