Decio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDecio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Decius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento201 Editar o valor em Wikidata
Martinci (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 251 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Abrito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Morto en combate Editar o valor em Wikidata)
Emperador romano
setembro de 249 – xuño de 251
← Filipo o ÁrabeTreboniano Galo, Hostiliano (pt) Traducir →
Prefeito urbano (pt) Traducir
Senador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Abrito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHerennia
FillosHerênio Etrusco (pt) Traducir, Hostiliano (pt) Traducir, Messia Decia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35464001 Editar o valor em Wikidata

Gaius Messius Quintus Traianus Decius emperador romano entre os anos 249 e 251. É o primeiro dos chamados emperadores ilirios. Naceu preto da cidade de Mikowitz, na baixa Panonia (a actual Hungría) no ano 201.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Busto de Decio no anverso dunha moeda do seu tempo (antoniniano)

Co motivo da invasión da zona do Danubio polos godos en tempos de Filipo I, e sublevacións por parte das lexións, noméase a Quinto Decio comandante para esta loita. As lexións, as cales nomearan emperador a Pacatiano, mataron a este e Decio púxose á fronte na loita contra os godos. As súas vitorias déronlle gran popularidade entre os lexionarios, polo que o nomearon emperador. El era contrario a este nomeamento, xa que estaba a ver a descomposición do Imperio, pero as lexións, formadas na súa maior parte por xentes de baixa cultura, moitos deles bárbaros que só loitaban polo botín e que non tiña apego nin ó imperio nin ó emperador, cuxa figura xa non tiña ningún prestixio. Decio aceptou a pesar de que supoñia un enfrontamento directo co emperador Filipo.

Púxose en marcha cara a Italia, onde Filipo I, ó ser coñecedor desta manobra, saíu de Roma para detelo, atopándose un co outro preto de Verona, onde Decio venceu na batalla que lle custou a vida a Filipo I e ó seu fillo. Aceptado polo Senado como novo emperador, foi nomeado no 249.

O seu mandato[editar | editar a fonte]

Decio adaptou o nome de Traianus pola súa admiración do emperador hispalense. Era moi consciente da progresiva caída e deterioración do Imperio. Os males do imperio viñan do abandono dos antigos costumes, de deixar o Senado sen as obrigas que tiña noutros tempos e procurou tomar medidas para vover a tempos mellores.

A figura do censor era moi importante, polo que propuxo ó Senado o seu nomeamento, despois de lle devolver as súas atribucións civís. O elixido foi o futuro emperador Valeriano, pero coñecedor das relacións, que se tiña que opor a moitas decisións pola forza, declinou o insidioso honor, aducindo que o cargo de censor debía ser inseparábel da dignidade imperial.

No 250 nomeou os seus fillos, Quinto Herenio Decio Mesio e Valente Hostiliano Mesio Quinto, césares e ordenou a reparación urxente de tódalas calzadas romanas no territorio do imperio, para mellorar a mobilidade do exército e contribuír ó comercio.

Fiel ás súas ideas de vover á dignidade dos tempos antigos, ordenou que tódolos cidadáns do imperio foran portadores dun documento que acreditase a súa fidelidade as divindades romanas. Este documento era moi sinxelo, con só facer unha ofrenda nun templo. Moitos cristiáns negáronse, polo que comeza unha persecución no 250, que custou a vida a Fabián, bispo de Roma, quen foi martirizado; a Cipriano, bispo de Cartago, que foi exiliado e a Oríxenes, un dos pais da Igrexa, foi encarcerado e torturado.

A fin do seu reinado[editar | editar a fonte]

Os godos consideraran que a loita entre Filipo o Árabe e Decio polo poder levaría a Roma a unha longa guerra civil. Pero a loita polo poder rematou nunha soa batalla en Verona, a pesar do cal, e polo descontento das lexións licenciadas por Decio, xa trataron, con ánimo de conquista e non meras correrías, a invasión dos territorios romanos. A iniciativa correspondeu ós godos, que xa aparecian divididos en dous grupos, os greutunxios,coñecidos como ostrogodos ou godos orientais, e os tervingos, ou visigodos ou godos occidentais. En ámbolos dous grupos imperaba naquel intre o rei Gniva, o cal, aproveitando a guerra civil, invadiu Mesia, que quedara sen guarnición. A resistencia oposta polas guanicións de Marcianopolis e Caova, e o pronto remate da loita en Italia, obrigárono a deixar Mesia, xa que dende Verona, o fillo de Decio, Erenio Etrusco, foi na súa axuda. Os godos, atravesando os montes Enos (actuais Balcáns) atacaron Filipopólis. Na defensa daquela cidade, acudiu o gobernador da Macedonia, Filipo Prisco, pero foi vencido en Berve, pasándose ó campo dos godos baixo a promesa do seu apoio á púrpura imperial. Por esta traizón, caeu Filipopólis en mans dos godos, os cales masacraron unha gran parte da poboación.

Para tentar de reparar o desastre, Decio acudiu á zona, e mediante hábiles manobras, pechando a saída cara ó Peloponeso, situando a Aurelio Claudio, quen 18 anos despois chegaría a emperador, ó mando e control do paso das Termópilas. A Treboniano Galo situouno pechando a súa retirada nas fronteiras do Danubio. Feito isto, levou o seu exército contra os godos, vencendo nalgunhas batallas, pero na batalla de Forum Trebonii (actual Abrito) morre illado nunha lameira en novembro do 251. Na mesma batalla e a resultas das feridas sufridas, morre tamén Herenio, o seu fillo, e os soldados elixen novo emperador a Caio Vibio Treboniano Galo

Imperio Romano

Segue a:
Filipo o Árabe
Decio
Precede a:
Treboniano Galo
Anarquía militar