Radiotelevisió Valenciana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ràdio Televisió Valenciana")
Sede central da RTVV en Burjassot.

A Radiotelevisió Valenciana foi unha empresa pública de radiodifusión da Generalitat Valenciana encargado da emisión da televisión e radio públicas da Comunidade Valenciana.

O 5 de novembro de 2013, o goberno valenciano anunciou o seu peche, alegando non poder asumir a readmisión de máis de mil empregados despedidos nun expediente de regulación de emprego ilegal. A lei foi aprobada o 27 de novembro coa maioría absoluta do goberno popular de Alberto Fabra.

Historia[editar | editar a fonte]

A Lei de Creación da Radiotelevisión Valenciana é aprobada polas Cortes Valencianas o 4 de xullo de 1984, e en marzo de 1988 constitúese o Consello de Administración, sendo o nomeamento un mes despois do primeiro Director Xeral do Ente RTVV, polo Consell da Generalitat Valenciana.

O artigo 11, c) da Lei 7/1984 da Generalitat Valenciana do 4 de xullo, pola que se crea RTVV, establece a regulación interna a través da Normativa desenvolvida pola Dirección Xeral.

A Lei de Creación establece a xestión dos servizos de Radio e Televisión a través de dúas empresas públicas en forma de sociedades anónimas, Televisión Autonómica Valenciana S.A. e Radio Autonomía S.A.

A pesar de ser dúas sociedades distintas dependen do mesmo organismo sendo este o ente RTVV, o capital é exclusivamente aportado pola Generalitat Valenciana, de acordo con dita lei.

Televisión Valenciana TVV[editar | editar a fonte]

(Televisión Autonómica Valenciana S.A.)

Iniciou as emisións de probas o 2 de setembro de 1989 da man de Xelo Miralles, e as regulares o 9 de outubro do mesmo ano con Diego Braguinsky en pantalla.


  • Canal Nou é a primeira canle da televisión pública da Comunidade Valenciana e ten sede en Burjassot.

O logotipo primitivo de Canal Nou estaba inspirado nos antigos micrófonos de radio; pero en outubro de 2005 foi redeseñado, canda el o de Canal Nou Dos (segundo canal de televisión de Radiotelevisión Valenciana) e o do resto de medios de RTVV.

  • Canal Nou Dos é a segunda canle da televisión valenciana. A súa programación baséase principalmente en contidos de produción propia e maiormente en valenciano.
  • Canal Nou 24 (Canal Nou Vint-i-quatre) é a terceira canle da televisión valenciana. A súa programación baséase principalmente en noticias.
  • Canal Nou Internacional é a canle de televisión online de RTVV creada para acercar e difundir información sobre a Comunidade Valenciana para promocionar a cultura, a historia, a xeografía, a economía, o tecido social, o deporte e calquera outro ámbito de interese propio, en España e no resto do mundo.

Radio Nou[editar | editar a fonte]

(Radio Autonomía S.A.)

  • Radio Nou É a principal cadena de radio. Web Oficial
  • Si Radio. Web Oficial
  • Radio Nou Música é unha produtora musical propia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]