Provincias dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincias dos Países Baixos e principais cidades.

Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que é o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos de esta institución máis tarde elixen o Gedeputeerde Staten, que é o consello coa maioría das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.

División[editar | editar a fonte]

Hoxe en día os Países Baixos están divididos en doce provincias (provincies en neerlandés).

As doce provincias están listadas a continuación:

Band. Provincia Capital Cidade máis populosa Área (km2) Poboación[2] Densidade
(por km2)
North Brabant-Flag.svg
Brabante do Norte Den Bosch Eindhoven 5.099 2.434.744 477
Flag of Zeeland.svg
Zelandia Middelburg Middelburg 2.934 380.897 130
Flag Drenthe.svg
Drenthe Assen Assen 2.680 489.695 183
Flevolandflag.svg
Flevoland Lelystad Almere 2.412 383.496 159
Frisian flag.svg
Frisia Leeuwarden Leeuwarden 5.749 645.101 112
Flag of Groningen.svg
Groninga Groninga Groninga 2.960 574.481 194
Gelderland-Flag.svg
Gueldria Arnhem Nimega 5.137 1.990.871 388
Flag Zuid-Holland.svg
Holanda Meridional A Haia Róterdan 3.419 3.477.876 1017
Flag North-Holland, Netherlands.svg
Holanda Setentrional Haarlem Amsterdam 4.092 2.647.149 647
NL-LimburgVlag.svg
Limburgo Maastricht Maastricht 2.209 1.140.813 516
Flag of Overijssel.svg
Overijssel Zwolle Enschede 3.421 1.125.108 329
Utrecht (province)-Flag.svg
Utrecht Utrecht Utrecht 1.449 1.210.761 836

Historia[editar | editar a fonte]

Case tódalas provincias neerlandesas teñen a súa orixe no estado medieval, ben coma condado ou ben coma un ducado, ao igual que en Bélxica. A súa situación trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administración central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Países Baixos unificados, no século XVII sete provincias do norte formaron a República das Sete Provincias Unidas, é dicir Holanda, Zelandia, Gueldria, Utrecht, Frisia, Overijssel e Groninga. As terras da república tamén incluían a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autónomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres, que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal, o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade, e foron chamados Staats-Brabant, Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen, que significa "do Estado". Cada un destes "Países Baixos" tiña un certo grado de autonomía e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos en outro lugares.

O 1 de xaneiro de 1796, durante a República Bátava, Drenthe e Staats-Brabant convertéronse na oitava e novena provincias dos Países Baixos, está última coñecida como Bataafs Bravant, Brabante Bátavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos, que tamén contiña o entón Brabante do Sur, unha provincia belga. En 1839, coa independencia de Bélxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en dúas terras entre os dous países, así que hoxe en día cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a máis grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en dúas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland, unha provincia que é practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986.

Os Departamentos do Período Francés[editar | editar a fonte]

Durante a República Bátava os Países Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos ente 1798 e 1801, a maioría nomeados co nome de ríos, inspirados polo exemplo de Francia, nunha tentativa de acabar co antigo status autónomo provincial.

Departamentos Bátavos
Nome galego Nome neerlandés Capital Contidas nos territorio de
Departamento do Ems Departement van de Eems Leeuwarden Norte de Frisia, Groninga
Departamento do Vello IJssel Departement van de Oude IJssel Zwolle Sur de Frisia, Drenthe, Overijssel, Norte de Gueldria
Department do Rin Departement van de Rijn Arnhem Gueldria Central, Utrecht Leste
Departamento do Amstel Departement van de Amstel Amsterdam Área arredor de Ámsterdan
Departamento de Texel Departement van Texel Alkmaar Holanda Setentrional menos Ámsterdan, noroeste de Utrecht
Department do Delft Departement van de Delft Delft Holanda Meridional até o Mosa, sudoeste de Utrecht
Department do Dommel Departement van de Dommel 's-Hertogenbosch Parte leste do Brabante Bátavo, sur de Gueldria
Department do Escalda e Mosa Departement van de Schelde en Maas Middelburg Celandia, Holanda Meriodional do Mosa e a parte oeste do Brabante Bátavo

Despois de só tres anos, a raíx dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, aínda que non os seus status de autonomía. Foron tamén chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Países Baixos substituíu á república para promover os intereses franceses. Foi durante esta administración que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, entón como agora en Alemaña, foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.

Mapa das subdivisións dos Países Baixos durante a Administración Francesa. Nótese que Frisia Oriental non está incluída neste mapa.

Cuando finalmente los Países Bajos hizo plenamente parte de Francia en 1810, los departamentos del reino y sus fronteras se han mantenido en gran medida, con algunas unido. Ellos, sin embargo, fueron casi todos renombrado, principalmente después de los ríos, aunque los nombres diferentes de sus homólogos bátavo. Los siguientes son sus nombres y el de hoy en día la provincia que corresponden en su mayor parte a:

Cando finalmente os Países Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810, os departamentos do reino e ás súas fronteiras mantivéronse en grande medida, con algunhas unidas. Porén, foron case todas nomeadas de novo, prncipalmente polos ríos de novo, pero con nomes diferentes á época bátava.

Departamentos franceses nos Países Baixos
Nome galego Nome francés Nome neerlandés Provincias modernas
Departamento do Zuiderzee Département du Zuyderzée Departement van de Zuiderzee Holanda Setentrional e Utrecht
Departamento da Foz do Mosa Département des Bouches-de-la-Meuse Departement van de Monden van de Maas Holanda Meridional
Departamento da Foz do Escalda Département des Bouches-de-l'Escaut Departement van de Monden van de Schelde Celandia
Departamento dos Dous Nethen Département des Deux-Nèthes Departement van de Twee Nethen Oeste do Brabante Norte e Antuerpen
Departamento da Foz do Rin Département des Bouches-du-Rhin Departement van de Monden van de Rijn Leste do Brabante Norte e sur de Gueldria
Departamento do IJssel Superior Département de l'Yssel-Supérieur Departement van de Boven IJssel Norte de Gueldria
Departamento da Foz do IJssel Département des Bouches-de-l'Yssel Departement van de Monden van de IJssel Overijssel
Departamento de Frisia Département de la Frise Departement Friesland Frisia
Departamento do Ems Occidental Département de l'Ems-Occidental Departement van de Wester Eems Groninga e Drenthe
Departamento do Ems Oriental Département de l'Ems-Oriental Departement van de Ooster Eems Frisia Oriental

Coa derrota e retirada dos franceses en 1813, as antiguas provincias e os seus nomes volvéronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Países Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as súas fronteiras, en particular do que máis tarde se convertería en Bélxica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]