República Bátava
| Bataafse Republiek República Bátava |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Localización da República Bátava | |||||
| Capital | A Haia | ||||
| Lingua | Neerlandés e outras linguas rexionais |
||||
| Goberno | República | ||||
| Historia | |||||
| • Establecido | 1795 | ||||
| • Disolución | 1806 | ||||
A República Bátava (neerlandés: Bataafse Republiek) foi unha república con aproximadamente o mesmo territorio que os actuais Países Baixos, que existiu entre 1795 e 1806.
A República Bátava foi fundada polos franceses e os Bátavos (políticos revolucionarios neerlandeses) despois de que o último Stadhouder das Provincias Unidas, Guillerme V de Orange-Nassau, fuxise a Inglaterra tras a ocupación francesa do país o 19 de xaneiro de 1795. O nome da República procedía do dos antigos bátavos, unha tribo xermánica que vivía na zona no momento da conquista romana.
A República Bátava foi un estado tributario de Francia. A política adoptada era revolucionaria e liberal, ademais de moi inestábel, pois chegaron a producirse varios golpes de estado durante a súa curta existencia. En 1805 os experimentos democráticos terminaron e Rutger Jan Schimmelpenninck foi nomeado Raadspensionaris. Ao ano seguinte, Napoleón Bonaparte disolveu a República, substituíndoa polo Reino de Holanda. A Coroa recaeu sobre o seu irmán, Luís Napoleón Bonaparte.