Texel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Texel
Tessel
Bandeira de Texel Escudo de Texel
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Localización da Texel en Holanda
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: Flag North-Holland, Netherlands.svg Holanda Setentrional
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
463,28 km²
162,54 km²
300,74 km²
Poboación
Poboación: 13.682 (2008)
Densidade: 84 hab/km²
Información
Código postal: 1790-1797
Alcalde: Joke Geldorp-Pantekoek (VVD)
Sitio na web: www.texel.nl

Texel (Tessel en frisón, pronunciado 'Tessel' en neerlandés) é a máis grande das Illas Frisias e a súa vez a máis occidental. Fica entre o mar de Wadden (ao leste) e o mar do Norte (ao oeste), ao sur coa illa de Vlieland e ao norte ca provincia de Holanda Setentrional, a cal pertence administrativamente. O estreito de Mardiep afasta a illa de Den Helder, xa en terra firme.

Toda a illa forma un único concello, cunha superficie de 585,96 km², dos cales 416,14 son auga. A illa ten uns 20 km de longo e 8 km de amplo. No 2004 tiña unha poboación de 13.735 habitantes.

Texel e Eierland[editar | editar a fonte]

Hoxe a illa de Texel está composta por dúas illas antigamente afastadas de seu, Texel ao Sul e Eierland ao Norte. No 1630 remátase de construír o dique de area que liga as dúas illas. No 1835 Nicolas Joseph De Cock forma con outros unha sociedade anónima co obxectivo de converter as chás mareais entre as dúas en polders. No noveno pólder fundouse unha vila, no inicio co nome de Nieuwdorp (Pobo Novo), mais logo foi chamada na honra do seu impulsor De Cocksdorp

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]