Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flevoland é unha provincia no centre dos Países Baixos. Estabelecida o 1 de xaneiro de 1986 con Lelystad como capital, é a máis nova das 12 provincias neerlandesas. A súa poboación era de 383.496 habitantes en 2008, cunha superficie de 2412,3 km², dos cales un 41% corresponde a auga.
Situada ao sueste do IJsselmeer, está formada por terras gañadas ao mar (pólderes), concretamente o antigo Zuiderzee. A pesar de estar inicialmente planificada como unha zona eminentemente agrícola, a súa parte occidental considérase agora unha zona de futura expansión urbana: ha de permitir o crecemento do Randstad.