Maastricht
| Maastricht Mestreech |
|||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Situación xeográfica | |||||
| País: | |||||
| Provincia: | |||||
| Xeografía | |||||
| Supericie • Terra • Auga |
60,06 km² 56,81 km² 3,25 km² |
||||
| Poboación | |||||
| Poboación: | 121.050 (2012) | ||||
| Densidade: | 2.083 hab/km2 | ||||
| Información | |||||
| Código postal: | 6200-6229 | ||||
| Alcalde: | Onno Hoes (VVD) | ||||
| Sitio na web: | www.maastricht.nl | ||||
Maastricht ou Mastrique[Cómpre referencia] (en limbúrxico Mestreech), é unha cidade neerlandesa con 118.355 habitantes en 2008. É a máis antiga das cidades neerlandesas e hoxe en día é capital da provincia de Limburgo. Espallase por ambalas marxes do río Mosa (Maas en neerlandés), na extremidade sudoeste dos Países Baixos, un territorio estreito, encravado entre a Bélxica e a Alemaña.
O nome da cidade deriva do seu nome latino, Traiectum ad Mosam e Mosae Traiectum (Travesía do Mosa), que se refire á ponte construída polos romanos durante o reinado de César Augusto.
Hai varias institucións que se localizan na cidade, entre as cales a Universidade de Maastricht (Universiteit van Maastricht) e o Museo Bonnefanten, de arte.
Ao sur da cidade situase o St. Pietersberg ("Monte San Pedro"), onde se ergue un forte antigo e que ten unha rede de grutas, que manteñen unha temperatura constante de 10 °C e serven de local de hibernación a morcegos. En certas épocas do ano, pódese visitar as grutas en visitas guiadas.
Maastricht ten ligazón por camiño de ferro a Liège, na Bélxica, a Eindhoven e a outros locais.
Maastricht ten un aeroporto partillado coa cidade veciña de Aquisgrán, na Alemaña.