Zwolle
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Zwolle | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Situación xeográfica | |||||
| País: | |||||
| Provincia: | |||||
| Xeografía | |||||
| Supericie • Terra • Auga |
119,28 km² 111,65 km² 7,63 km² |
||||
| Poboación | |||||
| Poboación: | 117.663 (2009) | ||||
| Densidade: | 1.054 hab/km2 | ||||
| Información | |||||
| Código postal: | 8000 - 8049 | ||||
| Alcalde: | Jozias van Aartsen (VVD) | ||||
| Sitio na web: | www.zwolle.nl | ||||
Zwolle é unha cidade neerlandesa de 105.801 habitantes, capital da provincia de Overijssel, sita na orilla dereita do río Ijssel, no punto de cruce de numerosas canles, por medio das cales está unida ao Zuiderzee e á rexión industrial de Twente. É un importante mercado de gando, de manteiga e de ovos, ademais dun centro industrial.
Historia [editar]
A cidade aparece citada por vez primeira sobre o ano 1040. Foi membro da Liga hanseática e durante o Medievo foi un saliente centro cultural.Arredor do ano 1580 inclinouse polo luteranismo. Alcanzou o esplendor no século XVII.
Lugares de interese [editar]
Como testemuño do seu notábel pasado conserva varios monumentos importantes como:
- a Igrexa Grande de San Miguel (Sint Michäelskerk), de estilo gótico,
- o Corpo de Garda (Hooftwacht), adosado en 1614 ao edificio anterior, de estilo clasicista,
- a igrexa católica de Nosa Señora, que remonta ao século XV),
- a Casa do Concello (Stadhuis), con sáas entre o século XV e a actualidade, na que destaca a Sala dos Rexedores (Schepenzaal), de 1448.
Cidadáns notábeis [editar]
- Thomas de Kempis (1379-1471), monxe, escritor e representante da devotio moderna ;
- Gerard Terborch (1617-1681), pintor.
- Michael Minsky (1918-1988)