Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Segunda Guerra Mundial:

1[editar a fonte]

Winston Churchill en 1942

Sir Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, isto último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.

2[editar a fonte]

Adolf Hitler en 1937.

Adolf Hitler, nado en Braunau am Inn, Austria, o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín, Alemaña, o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores, tamén coñecido como Nazi. Hitler foi chanceler de Alemaña dende 1933 ata 1945 e ditador da Alemaña nazi dende 1934 ata 1945. Desenvolveu unha política baseada na necesidade de expansión territorial para obter o chamado "espazo vital", o anticomunismo e o antisemitismo, que tería a súa maior expresión no Holocausto.

3[editar a fonte]

George S. Patton en 1943

George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel (California) o 11 de novembro de 1885 e finado en Heidelberg (Alemaña) o 21 de decembro de 1945, coñecido tamén como o Xeneral Patton, foi un oficial do exército dos Estados Unidos. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións de Europa e do Mediterráneo durante a Segunda Guerra Mundial, aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en Francia e Alemaña trala invasión de Normandía por parte dos Aliados en xuño de 1944.

4[editar a fonte]

Josef Mengele (ˈjoːzɛf ˈmɛŋələ), nado en Günzburg, Baviera, o 16 de marzo de 1911 e finado en Bertioga, Brasil, o 7 de febreiro de 1979, foi un oficial alemán da Schutzstaffel (SS) e médico no campo de concentración de Auschwitz durante a segunda guerra mundial, recibindo o alcume de "Anxo da Morte". Foi coñecido por ser membro do equipo de doutores responsable da selección de vítimas para a súa execución nas cámaras de gas e por levar a cabo experimentos en humanos cos prisioneiros do campo. Os prisioneiros chegados ó campo que se consideraban capaces de traballar eran admitidos, mentres que os que consideraban non válidos para o traballo eran enviados inmediatamente ás cámaras de gas. Mengele deixou Auschwitz o 17 de xaneiro de 1945, pouco antes da chegada das tropas do exército Vermello. Trala guerra escapou a América do Sur, onde evadiu a súa captura durante o resto da súa vida.

Obtivo doutoramentos en antropoloxía e medicina na Universidade de Múnic e comezou a súa carreira como investigador. Uniuse ó Partido Nazi en 1937 e ás SS en 1938. Nos comezos da guerra foi asignado como médico de batallón, e posteriormente en 1943 foi transferido ó servizo nos campos de concentración, asignado ó de Auschwitz. Foi alí onde viu unha oportunidade para levar a cabo investigacións xenéticas con suxeitos humanos. Os seus experimentos centráronse principalmente en xemelgos, sen ningunha consideración pola saúde ou seguridade das vítimas dos mesmos.

5[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/10