Gernika-Lumo
Gernika-Lumo é un concello vasco pertencente á provincia de Bizkaia. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística posuía 16.244 habitantes en 2009.
Índice |
Historia e características [editar]
- Artigo principal: Bombardeo de Gernika.
O 26 de abril do 1937, no transcurso da Guerra Civil española, a vila foi bombardeada pola Lexión Cóndor, unidade aérea da Luftwaffe ao servizo do bando fascista, causando 126 vítimas mortais. Este feito inspirou ao pintor Pablo Picasso o seu famoso cadro Guernica.
Entre os seus monumentos cómpre salientar a Árbore de Gernika, carballo que simboliza as liberdades dos vascos e baixo o cal xuran os seus cargos os Lehendakaris do goberno vasco. Ao primeiro exemplar, cuxas primeiras referencias se remontan ao século XIV, sucedéronlle outras tres árbores. O exemplar, que sobreviviu ao bombardeo da Guerra Civil, morreu o 20 de abril do 2004 aos 146 anos de idade[1], sendo substituído por un fillo seu o 25 de febreiro do 2005.
Notas [editar]
- ↑ Nova da morte da árbore de Gernika aparecida en www.cooperativa.cl