Momia de Manchester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Historia natural de Manchester, lugar onde foi exhibido o corpo de Hannah Beswick

Hannah Beswick, coñecida de maneira póstuma como a momia de Manchester, nada en 1688 e finada en febreiro de 1758, foi unha muller británica adiñeirada que vivía nunha propiedade chamada Birchin Bower, situada na área de Hollinwood, en Oldham, Inglaterra.

Embalsamamento[editar | editar a fonte]

Debido aos seus antecedentes familiares, tiña un medo patolóxico a ser enterrada viva. Así, antes de morrer manifestara o desexo de que o seu corpo permanecese sen sepultar, coa finalidade de verificar periodicamente a existencia de sinais de vida. Con todo, tras a súa morte en 1758, o seu corpo foi embalsamado. A pesar de que non quedou constancia do método utilizado no embalsamamento, crese que consistiu na substitución do sangue por unha mestura de trementina e bermellón, método chamado embalsamamiento arterial. O corpo foi gardado dentro dunha vella caixa de reloxo e almacenado en casa do doutor Charles White, o médico da familia. A aparente excentricidade de Beswick terminou converténdoa nunha celebridade local, especialmente polo feito de que os visitantes puidesen observala na casa de White.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]