Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macizo do Monte Perdido e Circo de Soaso
O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha.