Out of Africa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Memorias de África
Título orixinal Out of Africa
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Sydney Pollack
Produtor Sydney Pollack
Terence Clegg
Guión Kurt Luedtke
Baseado en Den afrikanske Farm de Isak Dinesen
Intérpretes Meryl Streep
Robert Redford
Klaus Maria Brandauer
Michael Kitchen
Malick Bowens
Joseph Thiaka
Stephen Kinyanjui
Michael Gough
Suzanna Hamilton
Rachel Kempson
Graham Crowden
Leslie Phillips
Mike Bugara
Shane Rimmer
Job Seda
Música John Barry
Fotografía David Watkin
Montaxe Pembroke Herring
Sheldon Kahn
Fredric Steinkamp
William Steinkamp
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Universal Pictures
Ano 1985
Duración 150 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama / Romántica
Orzamento 31 millóns de dólares
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Out of Africa é unha película de 1985, baseada no libro autobiográfico Memorias de África da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptada por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, a película foi dirixida por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.

Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Quenia, durante a época na que esta era unha colonia británica.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A comezos do século XX, Karen Blixen (nome real da escritora danesa Isak Dinesen), decide casar e irse a vivir co home a unha das colonias británicas de África, concretamente en Quenia, para dirixir unha plantación de café. Este matrimonio de conveniencia pronto se ven abaixo, debido ao carácter do seu marido e á falta de amor. O seu soño vese truncado polas dificultades económicas da plantación, aínda que se sente a gusto co lugar e as súas xentes. Coñece alí a un cazador profesional, Denys Finch Hatton, aventureiro e liberal, que lle fai recobrar a alegría de vivir. Pero a súa visión respectiva do amor difire, debido a que el non concibe a vida sen a súa independencia e ela precisa dun compañeiro fiel. Un incendio destrúe a colleita de café e Karen arruínase, tendo que volver a Europa, e aínda que naquel momento xa estaban separados, Denys ofrécese a axudala. O último día de Karen en Quenia, Denys ten un accidente na súa avioneta e falece, enterrándose logo nas montañas de Ngong.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A película contén varios erros de continuidade, como froitas que aparecen e desaparecen entre toma e toma dun disparo ou unha mazá que sostén Denys e que se converte en laranxa. O problema coa froita repítese na cena da cea dos namorados ao luar, cando Denys plana unha "interminable" laranxa que se encontra intacta cada vez que recupera o plano. Tamén ocorre exactamente igual cunha mancha de sangue na cara de Karen cando vai disparar a un león, que cambia de meixela co cambio de plano.

Incluso hai algún que outro anacronismo, como o uso de baquetas de nailon na orquestra que ameniza a festa de Noitevella, material que non estaba descuberto nos albores do século XX.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Out of Africa é unha película multipremiada, destacando que foi a máxima gañadora dos Oscar 1985:

Categoría Persoa Resultado
Oscar á mellor película Sydney Pollack Gañador
Oscar ó mellor director Sydney Pollack Gañador
Oscar ó mellor guión adaptado Kurt Luedtke Gañador
Oscar á mellor banda sonora John Barry Gañador
Oscar á mellor fotografía David Watkin Gañador
Oscar á mellor dirección de arte Stephen Grimes
Josie MacAvin
Gañador
Oscar á mellor edición de son Chris Jenkins
Gary Alexander
Larry Stensvold
Peter Handford
Gañador
Oscar á mellor actriz principal Meryl Streep Nomeada
Oscar ó mellor actor de reparto Klaus Maria Brandauer Nomeado
Oscar ó mellor deseño de vestiario Milena Canonero Nomeado
Oscar á mellor montaxe Fredric Steinkamp
William Steinkamp
Pembroke J. Herring
Sheldon Kahn
Nomeado
BAFTA ó mellor guión adaptado Kurt Luedtke Gañador
BAFTA á mellor fotografía David Watkin Gañador
BAFTA á mellor actriz Meryl Streep Gañador
BAFTA ó mellor actor de reparto Klaus Maria Brandauer Nomeado
BAFTA ó mellor vestiario Milena Canonero Nomeado
BAFTA á mellor música John Barry Nomeado
Globo de Ouro á mellor película - Drama Sydney Pollack Gañador
Globo de Ouro ó mellor actor de reparto Klaus Maria Brandauer Gañador
Globo de Ouro á mellor banda sonora John Barry Gañador
Globo de Oro á mellor actriz - Drama Meryl Streep Nomeado
Globo de Oro ó mellor director Sydney Pollack Nomeado
Globo de Oro ó mellor guión Kurt Luedtke Nomeado
Premio da Sociedadr británica de Fotografía David Watkin Gañador
David de Donatello á mellor actriz estranxeira Meryl Streep Gañador
David de Donatello á mellor película estranxeira Sydney Pollack Gañador
Premios da crítica de Londres, Los Angeles, New York, Italia e Alemaña Sydney Pollack Gañador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]