Den afrikanske Farm
| Den afrikanske Farm | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||
|
Den afrikanske Farm (Out of Africa en inglés, Memorias de África en castelán ) é un libro resultante de relatos persoais da dinamarquesa Karen Blixen, publicado no ano de 1937 [1][2]. Blixen, escribiuno, baixo o seudónimo de Isak Dinesen, primeiro en inglés e logo traduciuno ao dinamarqués.
Nesta obra de non ficción, a escritora conta como foron os anos vividos en Quenia [3], convivindo cos nativos e outros amigos colonos que acabou coñecendo neste período [4]. Blixen viviu 17 anos nunha plantación de café (de 1914 a 1931), retornando a Dinamarca despois por problemas financeiros e pola perda do seu compañeiro, Denys Finch-Hatton [5].
Neste libro, alén de o lector entrar en contacto co universo social que rodeaba a rutina da facenda en Quenia, é posible coñecer o universo da propia escritora [6]. As súas impresións sobre os nativos e os incidentes que acontecían en viaxes e safaris son relatados calorosamente por Blixen [7][8][9].
En 1985 fíxose unha película, Memorias de África, dirixida por Sydney Pollack e con actores tipo Meryl Streep e Robert Redford[10].
[editar] Notas
- ↑ Libros de Karen Blixen(en inglés)
- ↑ Fotos da primeira edición nos EUA (en inglés)
- ↑ Información e imaxes da casa da escritora en Quenia (en inglés)
- ↑ Datos chave da obra (en inglés)
- ↑ Información e imaxes sobre o túmulo de Denys Finch Hatton (en inglés)
- ↑ Personaxes e resumo dos capítulos do libro (en inglés)
- ↑ Descrición dos personaxes do libro (en inglés)
- ↑ Resumo do libro (en inglés)
- ↑ Temas, motivos e símbolos (en inglés)
- ↑ Datos do filme (en inglés)