Sydney Pollack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sydney Pollack
Nome completoSydney Irwin Pollack
Nacemento1 de xullo de 1934
LugarLafayette
Falecemento26 de maio de 2008
LugarPacific Palisades
Causacancro de estómago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enNeighborhood Playhouse School of the Theatre e Stella Adler Studio of Acting
FillosRachel Pollack
Profesiónprodutor de cinema, actor, actor de televisión, actor de cinema, director de televisión, director de cinema, aviador, actor de xénero e realizador
Na rede
IMDB: nm0001628 Allocine: 117 Rottentomatoes: celebrity/sydney_pollack Allmovie: p106775 TCM: 153768 TV.com: people/sydney-pollack IBDB: 103960
Musicbrainz: 3e8dd585-4004-457b-ae63-65c1d2eb9ac7 Discogs: 597898 Find a Grave: 27114359 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sydney Irwin Pollack, nado en Lafayette (Indiana) o 1 de xullo de 1934 e finado en Pacific Palisades (California) o 26 de maio de 2008, foi un director de cinema, produtor e actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar dos seus plans para estudar medicina, marchou a Nova York tralo instituto para estudar interpretación. Despois de dous anos de servizo militar, o seu amigo John Frankenheimer invitouno a ir ós Ánxeles para axudarlle cos nenos actores da súa película The Young Savages. Alí coñeceu a Burt Lancaster, que lle suxeriu que cambiara a interpretación pola dirección.

Os seus primeiros éxitos chegáronlle na televisión, en series coma The Fugitive ou Alfred Hitchcock Presents. Aínda sendo máis lembrado como director de filmes como They Shoot Horses, Don’t They, Tootsie ou Memorias de África, coa que gañou o oscar ao mellor director, seguiu desenvolvendo unha carreira como actor, facendo pequenos papeis en películas coma Husbands and Wifes, de Woody Allen ou Eyes Wide Shut, de Stanley Kubrick, así coma na serie The Sopranos.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]