Proxecto Trasno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo do Proxecto Trasno.

O proxecto Trasno é unha comunidade de grupos e proxectos de localización de software libre ao galego, formados por tradutores voluntarios coñecidos coma trasnegos. Pretende se-lo punto de encontro onde se reúnan todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue esta adaptación. Isto inclúe a tradución dos programas (utilidades, interfaces de usuario e instalación das distribucións de GNU/Linux), a documentación sobre diferentes aspectos do sistema, e un dicionario para o corrector ortográfico.

Índice

[editar] Historia

[editar] Significado do nome

O nome do proxecto, Trasno, non fai referencia a nada en concreto, nin son as siglas de nada. O nome propúxoo Francisco X. Vázquez Grandal, e tras unha votación resultou elixido pola maioría. Algúns colaboradores do proxecto trataron logo de atopar algo que definise mediante iniciais o proxecto, pero non se chegou a ningún acordo.

[editar] Orixe

As orixes de Trasno están en dous grupos diferentes de localización de software libre que traballaban por separado. Na primavera de 1999 naceu o grupo GzLinux, fundado por Manuel A. Fernández Montecelo e Nuno André Novo (Woden). Este grupo adicábase á tradución de documentación (guías e manuais).

En xullo do mesmo ano, iniciouse no GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Universidade da Coruña) un subproxecto coordinado por Jacobo Tarrío, para a localización das utilidades de GNU e programas libres en xeral.

Ambos grupos evolucionaron por separado ata que a principios do ano 2000 membros dun e doutro, así como outros independentes, decidiron xuntarse nun grupo único, que pretendía servir como punto de referencia para todo aquilo relacionado coa galeguización do software libre.

[editar] Estatus legal

Trasno non é ningún tipo de asociación legal. A coordinación do traballo faise a través da Internet. Non hai necesidade de reunirse para tomar decisións ou falar da difusión do traballo, xa que non hai moitas decisións que tomar e as discusións de traballo adoitan facerse a través de listas de correo. Moitos dos colaboradores de Trasno nunca tiveron un encontro físico, ou vense só unha ou dúas veces ó ano.

[editar] Proxectos e grupos de tradución

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas