LXDE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Licenza : GNU GPL, GNU LGPL Páxina web : http://lxde.org/

LXDE é un contorno de escritorio libre para Unix e outras plataformas POSIX, coma Linux ou BSD. O nome corresponde a Lightweight X11 Desktop Environment, que en galego significa Contorno livián de escritorio X11.

O seu proxecto está enfocado a servir como contorno de escritorio lixeiro e rápido. Non está deseñado para ser tan complexo coma KDE ou Gnome, pero ofrece un fácil emprego e e mantén unha baixa utilización de recursos do sistema. A diferencia doutros contornos de escritorio, os compoñentes non se integran firmemente senón que son independentes. Emprega Openbox como xestor de xanelas predeterminado. E apunta a ofrecer un escritorio lixeiro e rápido baseado en compoñentes independentes que poden ser utilizados noutros contornos.