Lingua asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Asturiano")
Asturiano
'Asturianu'
Falado en: Flag of Asturias.svg Asturias
Total de falantes: 550.000 (100.000 de lingua materna)
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Ítalo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Asturleonés
        Asturiano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial. Recoñecido en Asturias.
Regulado por: Academia de la Llingua Asturiana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ast
SIL: ast

O asturiano (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias[1]. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.

Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable[2][3], pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A normalización da lingua lévase a cabo na Academia de la Llingua Asturiana.

Denominacións[editar | editar a fonte]

Ás veces tamén se fala de astur-leonés, mais esta denominación acostuma usarse para o grupo conxunto do leonés, asturiano e mirandés.

Áreas lingüísticas de Asturias atendendo a criterios exclusivamente científicos.

Familia lingüística[editar | editar a fonte]

Forma parte do subgrupo ibero-románico nomeado asturleonés. Este está composto polas seguintes linguas:

Afiliación lingüística[editar | editar a fonte]

Indoeuropea, itálica, romance, iberorromance.

Falantes[editar | editar a fonte]

Segundo o estudo "Los Asturianos y la Lengua Asturiana. Estudio Sociolingüístico para el Principado de Asturias", (Oviedo, 1994), do profesor da Universidade do País Vasco Francisco Llera Ramo, en Asturias habería 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Nese estudo cóntanse uns 50.000 falantes de asturiano central, 30.000 de occidental e 20.000 de oriental.

Extensión[editar | editar a fonte]

O dominio do asturiano esténdese per todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias se fala galego de Asturias, aínda que o goberno asturiano e a Academia de la Llingua Asturiana prefire denominalo gallego-asturiano.

Vogais[editar | editar a fonte]

O sistema vocálico do asturiano distingue cinco fonemas, con tres graos de abertura (mínima, media e máxima) e tres posicións de articulación (central, anterior e posterior).

anteriores (palatais) centrais posteriores (velares)
vogais pechadas (apertura mínima) i - u
vogais medias (apertura media) e - o
vogais abertas (apertura máxima) - a -

Consoantes[editar | editar a fonte]

labiais dentais alveolares palatais velares
oclusivas xordas p t - t͡ʃ k
oclusivas sonoras b d - ʝ g
fricativas f θ s ʃ -
nasais m - n ɲ -
laterais - - l ʎ -
vibrantes - - ɾ / r - -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O artigo 1 da Lei de Promoción e Uso do Asturiano dispon: "O asturiano, como lingua tradicional de Asturias, gozará de protección. O Principado de Asturias promoverá o seu uso, difusión e ensino"
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bable.
  3. "Bable" é un termo acuñado no século XVIII nos ambientes cultos, para denominar á lingua vernácula de Asturias e que na actualidade adquiriu un significado despectivo ao ser usado por sectores sociais contrarios á normalización do idioma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua asturiana.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Asturiano.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]