Moedas do franco suízo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moedas do franco suízo en circulación.

As moedas do franco suízo son as emitidas a nome da Confederación Helvética, de curso legal neste país desde 1850 e en Liechtenstein[1] a partir de 1924, coa unidade e os múltiplos expresados en francos suízos e os divisores en rappen ou céntimos.

Debido á estabilidade política e monetaria da Confederación Helvética, os deseños das moedas do franco suízo non sufriron grandes cambios desde a súa introdución, á parte das modificacións nas aliaxes provocadas pola escaseza ocasionada pola primeira e a segunda guerras mundiais, así como polo aumento do prezo dos metais utilizados na súa composición.

As moedas do franco suízo teñen a particularidade de ser neutras con respecto ás catro linguas oficiais do país, xa que o nome do país está expresado en latín —CONFOEDERATIO HELVETICA— e o valor facial indícase coa abreviatura "Fr.", válida para franc en francés e en romanche, para franken en alemán e para franco en italiano, en tanto que as moedas divisionarias amosan unicamente a cantidade, sen alusión á unidade.

O código ISO 4217 é CHF, baseado na denominación do país en latín (CH) e na inicial do nome da moeda (F), común ás catro linguas.[2]

Actualmente, todas as moedas están cuñadas na Casa da Moeda de Suíza (Swissmint), en Berna, aínda que a produción dos discos sobre os que se cuñan as moedas se subcontrata a outras empresas desde 1968.[3] A cantidade de exemplares que compón cada tiraxe decídea o Departamento Federal de Finanzas, de acordo co Banco Nacional Suízo.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Antes do Estado Federal[editar | editar a fonte]

Moeda de 16 francos da República Helvética (1800).

Antes da creación do Estado federal en 1848 e coa única excepción da República Helvética (1798-1803), o dereito da cuñaxe de moeda estaba nas mans dos diversos cantóns, semicantóns e, nalgunhas ocasións, bispados. Ademais, as moedas estranxeiras representaban arredor do 80 % da masa monetaria en circulación. Calcúlase que ata ese momento se utilizaban en Suíza 860 tipos diferentes de moedas, o que dificultaba considerablemente o comercio internacional e mesmo o internacional.[5]

Primeira época do franco suízo[editar | editar a fonte]

O nacemento do franco suízo remóntase ao 7 de maio de 1850, data en que unha lei federal estableceu os detalles da primeira emisión.[6] Por razóns prácticas e logo de numerosas discusións, creouse cun valor á par con respecto ao franco francés da época (franc germinal).[7] O tipo de troco oficial coas moedas cantonais do concordato intercantonal era dun franco suízo por cada sete dos antigos batzen.[8]

Primeira serie de moedas da Confederación Suíza.

As primeiras moedas foron cuñadas na Monnaie de Paris e na Casa da Moeda Real de Bélxica, en Bruxelas, antes de que a antiga ceca cantonal de Berna, convertida xa en Casa da Moeda de Suíza, puido comezar o seu labor en 1857.[6]

Esas primeiras emisións de 1850 e 1851 non foron suficientes para cubrir as necesidades monetarias do momento, e en 1852 o Consello Federal viuse na obriga de autorizar a circulación de moedas francesas, belgas e italianas no país.[9]

Entre 1856 e 1864, cando o valor relativo da prata con respecto ao do ouro aumentou substancialmente logo da descuberta de novas veas de ouro en Suíza, cuñáronse as moedas dun franco e de dous francos cunha aliaxe que baixou de 900 a 800 , e non se emitiron moedas de ½ franco.[7]

A paridade establecida co franco francés fixo lóxica a adhesión de Suíza á Unión Monetaria Latina en 1865, o que permitiu que as moedas de ouro e de prata de Suíza, Francia, Italia, Bélxica e Grecia fosen de curso legal indistintamente en todos estes países a partir de 1868. A cuñaxe dentro da Unión viuse limitada a seis francos per cápita, e a pureza da aliaxe de prata harmonizouse nestes países en 835 ‰, agás para as moedas equivalentes a cinco francos, que se mantiveron en 900 ‰.[7]

Entre 1863 e 1873 non se cuñou en Suíza moeda de prata, xa que a cantidade de moeda deste metal en circulación, a maioría de orixe estranxeira, satisfacía as necesidades do uso cotián. A situación cambiou a raíz da guerra franco-prusiana de 1870, que ocasionou unha grave escaseza de moeda circulante. A produción de moedas suízas consonte as normas da Unión Monetaria Latina con comezou ata 1874 e durante este período de transición aceptáronse como medio de pagamento durante un tempo moedas dun dólar estadounidense, soberanos británicos e floríns austríacos.[7]

Os valores intrínsecos das moedas de ouro estaban moi preto dos seus valores faciais e, xa que logo, a súa produción resultaba cara. Suíza aproveitouse desta situación para introducir no mercado unicamente moedas de prata, en tanto que utilizaba as moedas de ouro estranxeiras. Non foi ata 1883, a instancias de Francia, cando se cuñaron en Suíza as primeiras moedas de ouro.[6]

Por outra parte, as moedas datadas en 1896, coa excepción da de 20 rappen e da de 20 francos, cuñáronse con tiraxes escasísimas, de pouco máis dunha decena de exemplares, con ocasión da Exposición Nacional Suíza de Xenebra dese mesmo ano, e non entraron en circulación. Os seus prezos no mercado numismático son extraordinariamente elevados.[10]

A primeira guerra mundial provocou a fin gradual da Unión Monetaria Latina, e desde o 1 de xaneiro de 1927 só se admitiron en Suíza os pagamentos na súa moeda nacional.[7]

Evolución das moedas da Confederación Suíza[editar | editar a fonte]

A moeda de 10 rappen de 1879 é a máis antiga que mantén aínda curso legal en Suíza.

Os deseños das moedas suízas caracterízanse sinaladamente pola súa lonxevidade, en parte debido a que a Confederación Helvética se librou dos estragos dos conflitos bélicos mundiais e non sufriu graves convulsións políticas desde a introdución da súa moeda nacional. Coa excepción da moeda de cinco francos, cuxo deseño actual data de 1922, os reversos das moedas do sistema do franco suízo que están en circulación datan do momento da súa introdución en 1850, e os anversos modificáronse por última vez, segundo a moeda, entre 1874 e 1881.[11]

As dúas guerras mundiais provocaron escaseza dos metais estratéxicos, o que levou ao abandono temporal do uso de determinados metais e liaxes na cuñaxe. Por exemplo, en 1918 e en 1919, a aliaxe habitual das moedas de cinco e de dez rappen foi substituída polo latón, e entre 1942 e 1946 as moedas de un e de dous rappen foron cuñadas en discos de cinc.[12]

As moedas de ouro foron retiradas de facto da circulación o 26 de setembro de 1936, cando se desvalorizou o franco suízo. Ao resultar o valor do metal superior ao seu valor facial, estas moedas foron acaparadas axiña pola poboación.[13]

A inflación e o aumento do prezo dos metais tamén tiveron repercusión nas aliaxes utilizadas na cuñaxe.[6] As moedas de un e de dous rappen desmonetizáronse, respectivamente, en 2007 e en 1978, xa que o seu uso nos pagamentos habituais pasara a ser marxinal.[14] Pola súa banda, as moedas de prata comezaron a desaparecer da circulación en 1967, xa que o prezo da prata aumentou considerablemente e resultaba máis rendible fundir as moedas e vender o metal do que estaban fabricadas. A partir de 1968 pasaron a cuñarse en cuproníquel, aínda que a de cinco francos mantivo a súa emisión en prata en 1969.[6]

Moedas en circulación[editar | editar a fonte]

En 2022, a serie de moedas do franco suízo en circulación consta de sete valores:[11][15][16]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
5 francos
[17]
Desde
1968
13,20 g 31,45 mm 2,35 mm Cu 75%
Ni 25%
Lenda:
DOMINUS
PROVIDEBIT
Berna (B) P. Burkhard
2 francos
[18]
Desde
1968
8,80 g 27,4 mm 2,15 mm Estriado A. Walch.
A. Bovy.
1 franco
[19]
Desde
1968
4,40 g 23,20 mm 1,55 mm
½ franco
[20]
Desde
1968
2,20 g 18,20 mm 1,25 mm
20 rappen
[21]
Desde
1939
4,00 g 21,05 mm 1,65 mm Liso K. Schwenzer.
K. F. Voigt.
10 rappen
[22]
Desde
1879
3,00 g 19,15 mm 1,45 mm
5 rappen
[23]
Desde
1981
1,80 g 17,15 mm 1,25 mm Cu 92%
Al 6%
Ni 2%

Moedas retiradas da circulation[editar | editar a fonte]

Moedas de ouro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Vreneli.

En ouro cuñáronse moedas de 10, 20 e 100 francos.[15] As moedas de 20 francos emitidas a partir de 1897 son coñecidas internacionalmente como "vreneli" e as de 10 francos como "medio vreneli".[24][25][26]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
100 francos
[27]
1925 32,26 g 35,00 mm 12,20 mm Au 90%
Cu 10%
Lenda:
DOMINUS
PROVIDEBIT
Berna (B) F. Landry.
20 francos
[28]
1883
a
1896
6,45 g 21,00 mm 1,25 mm 22 estrelas A. Walch.C. Bühler.
K. Schwenzer.
20 francos
[24]
1897
a
1949
F. Landry.
10 francos
[29]
1911
a
1922
3,27 g 19,00 mm 0,90 mm Estriado F. Landry

5 francos[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
5 francos
[30]
1850
a
1888
25,00 g 37,00 mm 2,35 mm Ag 90%
Cu 10%
Estriado París (A)
Berna (B)
Bruxelas (B.)
F. Fisch.
A. Bovy.
5 francos
[31]
1888
a
1916
25,00 g 37,00 mm 2,35 mm Lenda:
DOMINUS
PROVIDEBIT
Berna (B) K. Schwenzer
5 francos
[32]
1922
a
1928
25,00 g 37,00 mm 2,35 mm P. Burkhard.
5 francos
[33]
1931
a
1969
15,00 g 31,45 mm 2,35 mm
5 francos
[34]
1985
a
1993
13,20 g 31,45 mm 2,35 mm Cu 75%
Ni 25%
Lenda:
DOMINUS
PROVIDEBIT
(en letras incusas)

2 francos[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
2 francos
[35]
1850
a
1857
10,00 g 27,40 mm 2,15 mm Ag 90%
Cu 10%
Estriado París (A)
Berna (B)
F. Fisch.
A. Bovy
2 francos
[36]
1860
a
1863
10,00 g Ag 80%
Cu 20%
Berna (B)
2 francos
[37]
1874
a
1967
10,00 g 27,40 mm Ag 83,5%
Ni 16,5%
A. Walch.
A. Bovy

1 franco[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
1 franco.
[38]
1850
a
1857
5,00 g 23,20 mm 1,55 mm Ag 90%
Cu 10%
Estriado París (A)
Berna (B)
F. Fisch.
A. Bovy
1 franco
[38]
1860
a
1861
Ag 80%
Cu 20%
Berna (B)
1 franco
[39]
1875
a
1967
Ag 83,5%
Cu 16,5%
A. Wach.
A. Bovy

½ franco[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
½ franco.
[40]
1850
a
1951
2,50 g 18,20 mm 1,25 mm Ag 90%
Cu 10%
Estriado París (A) F. Fisch.
A. Bovy.
½ franco
[41]
1875
a
1967
Ag 83,5%
Cu 16,5%
Berna (B) A. Walch.
A. Bovy.

20 rappen[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
20 rappen
[42]
1850
a
1859
3,25 g 21,05 mm 1,65 mm Ag 15%
Cu 50%
Zn 25%
Ni 10%
Liso Berna (B)
Estrasburgo (BB)
K. Schwenzer.
K. F. Voigt.
20 rappen
[43]
1881
a
1838
4,00 g Ni 100% Berna (B)

10 rappen[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
10 rappen
[44]
1850
a
1876
2,50 g 19,15 mm 1,45 mm Ag 5%
Cu 85%
Zn 5%
Ni 5%
Liso Berna (B)

Estrasburgo (BB)


Karl F. Voigt.
10 rappen
[45]
1932
a
1939
3,00 g Ni 100% Berna (B) K. Schwenzer.

K. F. Voigt.

10 rappen
[46]
1918
a
1919
Cu 60%
Zn 40%

5 rappen[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
5 rappen
[47]
1850
a
1877
1,67g 17,15 mm 1,25 mm Ag 5%
Cu 60%
Zn 25%
Ni 10%
Liso Berna (B)
Estrasburgo (AB / BB)
K. F. Voigt.
5 rappen
[48]
1918 2,00 g Cu 60%
Zn 40%
Berna (B) K.Schwenzer.
K. F. Voigt.
5 rappen
[49]
1932
a
1941
Ni 100%
5 rappen
[50]
1879
a
1980
Cu 75%
Ni 25%

2 rappen[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
2 rappen
[51]
1850
a
1931
2,50 g 20,00 mm 0,98 mm Cu 95%
Sn 4%
Zn 1%
Liso París (A)
Berna (B)
A. Hutler.
J-J. Barre.
2 rappen
[52]
1932
a
1941
3,00 g 1,40 mm Berna (B)
2 rappen
[53]
1942
a
1946
2,40 g Zn 100%
2 rappen
[54]
1948
a
1974
2,50 g Cu 95%
Sn 4%
Zn 1%
J. Tannheimer

1 rappen[editar | editar a fonte]

Valor Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
1 rappen
[55]
1850
a
1941
1,50 g 16,00 mm 1,10 mm Cu 95%
Sn 4%
Zn 1%
Liso París (A)
Berna (B)
A, Hutler.
J-J. Barre.
1 rappen
[56]
1942
a
1946
1,20 g Zn 100% Berna (B)
1 rappen
[57]
1948
a
2006
1,50 g Cu 95%
Sn 4%
Zn 1%
J. Tannheimer

Moedas cuñadas que non entraron en circulación[editar | editar a fonte]

Na década de 1950, Suíza retomou a cuñaxe de moedas de ouro, en principio destinadas á súa posta en circulación. No entanto, por razóns de política monetaria e logo da suba do prezo do ouro, nunca chegaron a distribuírse para o seu uso e pasaron a formar parte das reservas de ouro do banco nacional.[6][26]

Cuñáronse 15 millóns de pezas de 50 francos e 6 millóns de pezas de 25 francos, con datas de 1955, 1958 e 1959, das cales a maioría acabou refundíndose na casa da moeda, e só se conservaron 60.000 exemplares de cada valor facial, 20.000 por cada ano de emisión.[55][56]

Nome Imaxe Período Parámetros técnicos Canto Cecas Deseñador
Peso Módulo Grosor Aliaxe
50 francos
[55]
1955
1958
1959
11,29 g 25,00 mm 1,70 mm Au 90%
Cu 10%
Lenda:
DOMINUS
PROVIDEBIT
Berna (B) R. Rossi.
B. Ratti.
J. G. Vibert.
25 francos
[56]
5,64 g 20,00 mm 1,33 mm

Marcas de ceca[editar | editar a fonte]

En épocas anteriores, as moedas suízas non foron cuñadas unicamente na Casa da Moeda de Suíza, en Berna. É posible coñecer a súa proveniencia atendendo ás súas marcas de ceca situadas na base do reverso de cada moeda:[16]

Marca de ceca Ceca Moedas
A Monnaie de Paris 1 e 2 rappen (1850-1851), ½, 1 e 5 francos (1850-1851), ½, 1 e 2 francos (1894) e 2 francos (1850).
AB Ceca de Estrasburgo 5 rappen (1850), parcialmente.
B Ceca de Berna A maioría das moedas do franco suízo.
(sen marca) Ceca de Estrasburgo 5 rappen (1850), parcialmente.
Ceca de Berna Todas as moedas entre 1970 e 1985.
Royal Mint (Londres) ½, 1 e 2 francos (1968 e 1969), parcialmente, e 2 rappen (1969).
B. Bruxelas 5 francos (1874), parcialmente.
BB Ceca de Estrasburgo 5 (parcialmente), 10 e 20 rappen (1850-1851).
L B Ceca de Berna 20 francos (1935), correspondentes ao programa de recuñaxe (L = lingot).

Ademais das marcas de ceca, as moedas cuñadas nas cecas de París e de Estrasburgo amosan tamén unhas pequenas marcas que identifican aos respectivos gravadores dos cuños, consonte a tradición monetaria francesa.

Moedas conmemorativas[editar | editar a fonte]

Moeda bimetálica conmemorativa de 10 francos (2008).[58]

A partir de 1936, a Casa da Moeda de Suíza (Swissmint) comezou a emitir moedas conmemorativas, de diferentes valores faciais, en conmemoración de acontecementos históricos salientables ou na honra de persoeiros sobranceiros. Aínda que estas moedas se poden utilizar consonte a lei para as transaccións económicas habituais, isto non sucede realmente, xa que están concibidas para o coleccionismo ou para o investimento, con tiraxes normalmente baixas e en ocasións en metais nobres. Habitualmente, o seu prezo de mercado supera amplamente o seu valor facial.[59][60]

As moedas conmemorativas teñen características propias en función do seu valor facial: algunhas son de metais nobres, algunhas bimetálicas... Os beneficios da súa comercialización permiten á Confederación Suíza apoiar diversos proxectos culturais do país.[4][59][60]

O Departamento Federal de Finanzas, co acordo do Banco Nacional Suízo, é o órgano responsable de determinar a emisión das moedas circulantes, mais as emisións conmemorativas e de colección son responsabilidade única da Swissmint.[4][59][60]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Relations bilatérales Suisse–Liechtenstein". Département fédéral des affaires étrangères.
  2. "ISO 4217 Codes des monnaies". www.iso.org
  3. "La fabrique de la monnaie". Swissmint.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Programme de frappe". Swissmint.
  5. Fleury, P. (2009). "La fabuleuse histoire du franc suisse". En La Liberté. 9 de xaneiro.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Les cent-soixante ans du franc suisse Arquivado 15 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Swissmint.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Niederer, A. (1976). Die Lateinische Münzunion / L'Union Monétaire Latine. Helvetische Münzenzeitung, Hilterfingen. Páxinas 10-15.
  8. "Loi fédérale du 26 mars 1851". En Numis Post & HMZ. Maio de 2008.
  9. Decreto do Consello Federal do 16 de xaneiro de 1852.
  10. Schweizer Münzen- und Banknotenkatalog 2022. Solidus Verlag, Aarau. ISBN 978-3-033-08804-7
  11. 11,0 11,1 "Coins from Switzerland". Numista.com
  12. Müller, J. (2007). Geld: Schweizer Münzen und Banknoten als unbestechliche Zeitzeugen. Páxinas 22, 26-27. ISBN 978-3-9523315-0-7
  13. Cerutti, M. "Dévaluation de 1936". En Dictionnaire historique de la Suisse.
  14. "Audition relative à l’ordonnance sur la mise hors cours des pièces d’un et de cinq centimes". Département fédéral des finances. 19 de outubro de 2005.
  15. 15,0 15,1 "Liste des pièces suisses ayant cours légal et mises hors cours". Swissmint.
  16. 16,0 16,1 "Tableau de frappe: données chiffrées sur la frappe de monnaies suisses à partir de 1850". Swissmint.
  17. "5 Francs Herdsman; copper-nickel; embossed edge". Numista.es
  18. "2 Francs Helvetia standing; copper-nickel". Numista.es
  19. "1 Franc Helvetia standing; copper-nickel". Numista.es
  20. "½ Franc Helvetia standing; copper-nickel". Numista.es
  21. "20 Rappen Libertas; copper-nickel". Numista.es
  22. "10 Rappen Libertas; copper-nickel". Numista.es
  23. "5 Rappen Libertas; aluminium-bronze". Numista.es
  24. 24,0 24,1 "20 Francs "Vreneli"". Numista.es
  25. "Das Goldvreneli". Swissmint.
  26. 26,0 26,1 "Pièces d`or Arquivado 15 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Swissmint.
  27. "100 Francs". Numista.es
  28. "20 Francs Libertas". Numista.es
  29. "10 francs". Numista.es
  30. "5 Francs Helvetia seated". Numista.es
  31. "5 Francs Head of Helvetia". Numista.es
  32. "5 Francs Herdsman; silver; large type". Numista.es
  33. "5 Francs Herdsman; silver; small type". Numista.es
  34. "5 Francs Herdsman; copper-nickel; incuse edge". Numista.es
  35. "2 Francs Helvetia seated; 90% silver". Numista.com
  36. "2 Francs Helvetia seated; 80% silver". Numista.es
  37. "2 Francs Helvetia standing; silver". Numista.es
  38. 38,0 38,1 "1 Franc Helvetia seated; 90% silver". Numista.es
  39. "1 Franc Helvetia standing; silver". Numista.es
  40. "5 Rappen Libertas; aluminium-bronze". Numista.es
  41. "10 Rappen Libertas; copper-nickel". Numista.es
  42. "20 Rappen Coat of arms". Numista.es
  43. "20 Rappen Libertas; nickel". Numista.es
  44. "10 Rappen Coat of arms". Numista.es
  45. "10 Rappen Libertas; nickel". Numista.es
  46. "10 Rappen Libertas; brass". Numista.es
  47. "5 Rappen Coat of arms". Numista.es
  48. "5 Rappen Libertas; brass". Numista.es
  49. "5 Rappen Libertas; nickel". Numista.es
  50. "5 Rappen Libertas; copper-nickel". Numista.es
  51. "2 Rappen Wreath; bronze; light type". Numista.es
  52. "2 Rappen Wreath; bronze; heavy type". Numista.es
  53. "2 Rappen Wreath; zinc". Numista.es
  54. "2 Rappen Wheat spike". Numista.es
  55. 55,0 55,1 55,2 "50 Francs". Numista.es
  56. 56,0 56,1 56,2 "25 Francs". Numista.es
  57. "1 Rappen Wheat spike". Numista.es
  58. "10 Francs Golden eagle; trial". Numista.com
  59. 59,0 59,1 59,2 "Pièces de monnaie de collection". Swissmint.
  60. 60,0 60,1 60,2 "Pièces commémoratives Arquivado 07 de marzo de 2022 en Wayback Machine.". Swissmint.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]