Mircea Eliade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Mircea Eliade.

Mircea Eliade (1907 – 1986) foi un pensador e etnógrafo romanés, considerado como un dos maiores especialistas no campo da fenomenoloxía e da socioloxía relixiosa e no da historia das relixións. Así mesmo foi un literato en lingua romanesa, na que publicou novelas e relatos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Eliade naceu en Bucarest o 9 de marzo de 1907, no seo dunha familia cristiá ortodoxa. Seu pai era militar. Fixo os seus estudos na súa cidade natal, onde se licenciou en Filosofía. En 1928 marchou para a India, onde se dedicou a estudar o sánscrito e a filosofía india na universidade de Calcuta até 1931. Fixo a continuación estadías na rexión do Himalaia, para recoller materiais para a súa tese de doutoramento: “Yoga: essai sur les origines de la mystique indienne”, que foi publicada en 1933.

Regresou a Romanía en 1933 encargándose de ensinar Historia das Relixións na Universidade de Bucarest. Cinco anos despois fundou a revista Zalmoxis, editada en París e dedicada ao estudo das relixións. En 1940 foi enviado a Londres como agregado cultural da embaixada do seu país, e no ano seguinte ocupou o mesmo cargo na embaixada de Lisboa, onde estabeleceu relacións con intelectuais lusos. A partir de 1945 estabeleceuse en París, ao negarse a regresar a unha Romanía comunista, onde ditou cursos referidos á súa especialidade na Sorbona. Nos anos seguintes, Mircea Eliade desprazouse a varias cidades europeas e estadounidenses, nas que ditou conferencias sempre sobre aspectos relacionados co mundo relixioso. Desde 1957, Eliade pasou a ensinar na Universidade de Chicago, cidade na que faleceu o 22 de abril de 1986.

Posición política[editar | editar a fonte]

Eliade mantivo nos anos 1930 opinións antisemitas e actuacións deste signo mantidas pola Garda de Ferro, un partido profacista romanés. Nos anos 1940 foi defensor de réximes autoritarios, como o portugués de Salazar. Aínda que non tivo unha actuación militante, en todo caso pódese afirmar que Eliade non condenou nunca con rotundidade as ideoloxías de tipo fascista ou autoritarias. Isto é visto como un borrancho vital, que desdí dunha obra que se caracteriza en grande medida polo seu intenso humanismo.

Obras[editar | editar a fonte]

Como resultado das súas investigacións, Eliade publicou, en idiomas diversos (Eliade dominaba á perfección oito), unha numerosa cantidade de libros e artigos referidos a diversos aspectos do mundo relixioso. Ás veces sucesivas edicións conlevan novidades e revisións. A maioría deles teñen sido traducidos aos principais idiomas occidentais.

Ensaios (Selección)[editar | editar a fonte]

  • Alchimia asiatica. Bucarest. 1935.
  • Yoga: essai sur les origines de la mystique indienne. Bucarest – París, 1933.
  • Cosmologia si alchimia babiloniana. Bucarest. 1937.
  • Mitul Reintegrarii. Bucarest. 1942.
  • Os Romenos, Latinos do Oriente. Lisboa. 1942.
  • Comentarii la legenda Mesterului Manole. Bucarest. 1943.
  • Techniques du Yoga. París. 1948.
  • Traité d’Histoire des Religions. París. 1949.
  • Le Mythe de l’Éternel Retour. París. 1949.
  • Le Chamanisme et les techniques archaïques de l’extase. París. 1951.
  • Images et Symboles. Essai sur le symbolisme magico-religieux. París. 1952.
  • Le Yoga. Immortalité et liberté. París. 1954.
  • Forgerons et alchimistes. París. 1956.
  • Mythes, rêves et mystères. París. 1957.
  • Das Heilige und das Profane. Vom Wesen des Religiösen. Hamburgo. 1957
  • Méphistophélès et l'Androgyne. París. 1957.
  • Initiation, rites, sociétés secrètes. Paris. 1959.
  • Patanjali et le yoga. Paris, 1962.
  • The Two and the One. Chicago.1965.
  • Le mythe de l’éternel retour. Archétypes et répétition. Paris. 1969.
  • De Zalmoxis a Gengis-Khan. Etudes comparatives sur les religions et le folklore de la Dacie et de l'Europe Orientale. París. 1970.
  • Religions australiennes. París. 1972.
  • L’épreuve du labyrinthe. Entretiens avec Claude-Henri Rocquet. Belfond. 1972.
  • Occultism, Witchcraft, and Cultural Fashions. Essays in Comparative Religions. Chicago. 1976.
  • Histoire des croyances et des idées religieuses. T.1 : De l'âge de la pierre aux mystères d'Eleusis. Paris, 1976.
  • Histoire des croyances et des idées religieuses. Tome 2 : De Gautama Bouddha au triomphe du christianisme. Paris, 1978.
  • What is religion? Edimburgo. 1980.
  • Histoire des croyances et des idées religieuses. Tome 3 : De Mahomet à l'âge des réformes. Paris, 1989.

Memorias[editar | editar a fonte]

  • Fragments d’un journal (1945-1969). París. 1973.
  • Mémoires I (1907-1937). París. 1980.
  • Fragments d'un journal, II (1970-1978). París. 1981.
  • Autobiography. San Francisco. 1981.

Artigos (Selección)[editar | editar a fonte]

  • Cosmical homology and yoga, in Journal of the Indian Society of Oriental Art, 1937.
  • Metallurgy, Magic and Alchemy, in Zalmoxis, I, 1938
  • Pour une histoire générale des religions indoeuropéennes, in Annales, IV, 1949.
  • Phénoménologie de la religion et sociologie religieuse, in Chritique, 39, 1949.
  • Les Mythes du Monde moderne, in La Nouvelle NRF, 9, 1953.
  • La Terre-Mer et les hiérogamies cosmiques, in Eranos-Jahrbuch, XXII, 1954.
  • Le Mythe du Bon Sauvage, in La Nouvelle NRF, 32, 1955.
  • Smiths, Shamans and Mystagogues, in East and West, VI, Roma, 1955.

Narración (Selección)[editar | editar a fonte]

  • Isabel si apele diavolului. Bucarest. 1930.
  • Maitreyi (A noite bengalí). Bucarest. 1933.
  • Intoarcerea din Rai (Retorno do Paraíso) . Bucarest. 1934.
  • Lumina ce se stinge (A luz que se apaga). Bucarest. 1934.
  • Huliganii. Bucarest. 1935.
  • Domnisoara Christina (A señorita Cristina). Bucarest. 1936.
  • Sarpele. Bucarest. 1937.
  • Nunta in Cer (Voda no ceo). Bucarest. 1938.
  • Pe strada Mantuleasa. París. 1968.
  • In curte la Dionis (Na corte de Dionisio). París. 1977.
  • Les dix-neuf Roses. Paris,1982 (tradución francesa).