Julius Evola
Giulio Cesare Andrea Evola, coñecido como Julius Evola, nado en Roma o 19 de maio de 1898 e finado o 11 de xuño de 1974, foi un pensador italiano.
Índice |
Biografía[editar]
Na súa xuventude interesouse na pintura e a poesía seguindo o estilo dadaísta e futurista pasando por un período de anticristianismo acérrimo que se foi moderando co paso do tempo.
Entre 1924 e 1926 colaborou coas revistas “Ultra”, “Bilychnis”, “lgnis” e “Atanor”.
Entre os años 1927 e 1929 desenrolou o seu interese polo esoterismo e foi dende 1927 a 1929 parte do chamado “Grupo de Ur”, dentro deste publicara varios traballos co seudónimo de “Ea”.
Faleceu o 11 de xuño de 1974 dun paro cardiorespiratorio no seu apartamento en Roma. Foi incinerado e seguindo a súa vontade súas cinsas foron diseminadas na cima do Monte Rosa.
Pensamento[editar]
As súas posicións políticas, próximas ó fascismo e o nazismo, foron moi apreciadas por Benito Mussolini, quen lle preferiu en vez a Giovanni Gentile como teórico do fascismo. A radicalidade cada vez maior do pensamento de Evola valeulle a suspensión dalgunha das súas publicacións en Italia e a desconfianza das xerarquías nazis en Alemaña. Tras a Segunda Guerra Mundial mantivo a súa influencia no pensamento conservador e neofascista europeo, en institucións como o Centro Studi Evoliani (Centro de Estudos Evolianos) o no (Centro Studi Ordine Nuovo) de Pino Rauti e Enzo Erra. Sen embargo, a súa produción filosófica está moi lonxe de reducirse á política; foi un gran analista do seu tempo en cuestións tan dispares como a metafísica (na que adoptou unha persoal visión de corte gnóstico), a crise das ciencias ou a perda de valores.
Obras principais[editar]
- "Imperialismo Pagán".
- “Ensaio sobre o idealismo máxico”.
- “Teoría do individuo absoluto”.
- “Fenomenoloxía do individuo absoluto”.
- “O Ioga Tántrico”.
- “Revolta contra o mundo moderno”.
- “Montar o tigre”.
- “Metafísica do Sexo”.
- “O misterio do Graal”.