Lingua pali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pali
पाऴि
Pronuncia: [paːli]
Falado en: Sri Lanka, Myanmar, Tailandia, Camboxa, Laos, Vietnam, india, Nepal, Bangladesh
Extinción: Sen falantes nativos,usado como lingua literaria e litúrxica
Familia: Indoeuropea
 Indo-Iraniana
  Indoariana
   Pali
Escrita: varias escritas, como Bengali, Burma, Devanāgarī, Khmer, Lao, alfabeto latino, Sinhala, Thai, Lanna
Códigos de lingua
ISO 639-1: pi
ISO 639-2: pli
ISO 639-3: pli

O Pāli é unha lingua indoeuropea, da rama índica, e prácrita. Pódese dicir que o Pali é unha forma simplificada do sánscrito. A súa fama provén de ser a lingua na cal se rexistraron as escrituras do budismo Theravada, coñecidas como o Canon Pali no Sri Lanka no século -I. A lingua tivo representación escrita nunha variedade de sistemas de escritura, do brahmi ao devanagari e outros sistemas índicos ata unha forma romanizada desenvolvida por T. W. Rhys Davids, da Pali Text Society.

Algúns budistas[Cómpre referencia] da escola Theravada consideran que o Pali foi a lingua falada por Buda. Porén, non está claro incluso se chegou a ser de feito unha lingua falada. Varios investigadores manteñen que era unha lingua puramente literaria creada a partir dalgúns dialectos hindús, sendo o magadhi (lingua do reino de Magada/Magadha) un dos máis probables devanceiros.

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua pali.