República Socialista de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Romanía

A República Socialista de Romanía ou Republica Socialistă România foi un estado socialista que existiu entre 1965 e 1989 no territorio que actualmente ocupa Romanía. Adoita enmarcarse no período chamado da Romanía Comunista, xunto coa República Popular Romanesa nada en 1947. O nome deste período obedece a que durante a existencia de ambos os dous Estados, a vida do país foi dominada polo Partido Comunista Romanés (PCR).

En 1965, Ceaucescu ocupou a xefatura do Partido Comunista e dous anos despois foi elixido xefe do Estado Romanés, ano no que tamén foi instituída a República Socialista e foi reorganizado o PCR.

Bandeiras da República Socialista de Romanía[editar | editar a fonte]