Lingua hindustana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Extensión xeográfica da lingua hindustana (en vermello a rexión onde é a lingua nativa).

A lingua hindustana (हिन्दुस्तानी, ہندوستانی, literalmente: 'do Hindustán')[1], tamén coñecida coma "hindī-urdū" (هندی اردو, हिंदी उर्दू), "hindī", "urdū", "hindavi" e "rekhta", é unha lingua indoirania e a lingua franca do norte da India e Paquistán.[2] [3]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Deriva do dialecto Khariboli de Delhi, e incorpora moitos vocablos do persa, do árabe, do turco e do sánscrito.[4][5] É unha lingua pluricéntrica, con dúas formas oficiais, o hindi estándar e o urdu estándar,[6] que son rexistros estandarizados dela. Sen embargo, o hindi e o urdu coloquiais son totalmente indistinguibles, e incluso os estándares oficiais son case idénticos gramaticalmente, aínda que difiren en convencións literatias e en vocabulario académico e técnico, mantendo o urdu máis influencias persas, árabes e de Asia Central e o dependendo máis o hindi do sánscrito.[7][8] Antes da partición da India Británica os termos hindustaní, urdu e hindi eran sinónimos; todos facían referencia ao que hoxe chamamos urdu e hindi.[9] O termo 'Hindustaní' tamén se emprega para varios dialectos diverxentes das variedades do hindi faladas fora do subcontinente, incluíndo o hindustaní de Fiji e o hindustaní do Caribe de Suriname e Trindade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About Hindi-Urdu". North Carolina State University. http://sasw.chass.ncsu.edu/fl/faculty/taj/hindi/abturdu.htm. Consultado o 2009–08–09. 
  2. Mohammad Tahin Siddiqi (1994), Hindustani-English code-mixing in modern literary texts, University of Winsconsin, "... O hindustaní é a lingua franca tanto da India como de Paquistán ..."
  3. Lydia Mihelič Pulsipher, Alex Pulsipher, Holly M. Hapke (2005), World Regional Geography: Global Patterns, Local Lives, Macmillan, ISBN 0716719045, "... Durante o colonialismo británico, o hindustaní foi a lingua franca de todo o norte da India e do que hoxe é Paquistán ..."
  4. Michael Huxley (1935), The Geographical magazine, Volumen 2, Geographical Press, "... Os novos termos poderalos coller prestados dos diccionarios persa, árabe, turco e sánscrito ..."
  5. Royal Society of Arts (1948), Journal of the Royal Society of Arts, Volumen 97, "... sería moi desacertado restrinxilo a un vocabulario dependente principalmente ou do sánscrito ou do persa. Se unha lingua ha ser forte e viril debe tomar prestado de ámbalas dúas fontes, tal e como o inglés tomou prestado das fontes latinas e teutónicas ..."
  6. Robert E. Nunley, Severin M. Roberts, George W. Wubrick, Daniel L. Roy (1999), The Cultural Landscape an Introduction to Human Geography, Prentice Hall, "... o hindunstaní é a base de ámbalas dúas linguas ..."
  7. Yamuna Kachru, Hindi
  8. Dale Hoiberg, Indu Ramchandani, Students' Britannica: India: Select essays, páxina 175
  9. The Oxford English Dictionary