Lingua punjabi
| Panxabiano (ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی) | ||
|---|---|---|
| Pronuncia: | pañjābī, panjābī | |
| Falado en: | Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes panxabianos.´ | |
| Rexións: | Panxab | |
| Total de falantes: | 104 millóns (aprox.) | |
| Posición: | 14 | |
| Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Panxabiano |
|
| Escrita: | Gurmukhi, Shahmukhi | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Panxab (india), Haryana, Chandigarh e Delhi. | |
| Regulado por: | sen regulador oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | pa | |
| ISO 639-2: | pan | |
| ISO 639-3: | varios: pan — Panxabiano (xenérico) pnb — Panxabiano (oeste) pmu — Panxabiano (Mirpuri) lah — Landés |
|
O panxabiano (ou panxabi (sen til); nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Panxab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.
Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanagari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.
Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.
Índice |
O panxabi actual [editar]
Na India, o panxabi é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Panxab (India) e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. no Paquistán, o panxabiano é a lingua provincial do Panxab (Paquistán), a principal provincia paquistaniana.
Entre os escritores modernos en lingua panxabiana de nacionalidade paquistaniana, destacan:
- Shareef Kunjahi
- Mir Tanha Yousafi
- Sanawar Chadhar
- Alam Lohar
- Abid Tamimi
- Anwar Masood
- Aatish
- Shaista Nuzhat
- Raja Muhammed Ahmed
Algúns coñecidos poetas modernos do Panxab indio son:
Fonoloxía [editar]
| Anterior | Case anterior | Central | Case posterior | Posterior | |
|---|---|---|---|---|---|
| pechada | iː | uː | |||
| semipechada | eː | ɪ | ʊ | oː | |
| media | ə | ||||
| semiaberta | ɛː | ɔː | |||
| aberta | aː |
A lingua panxabiana tamén conta con vogais nasalizadas.
| Bilabial | Labiodental | Dental/ Alveolar |
Retroflexa | Palatal | Velar | Glotal | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nasal | m | n | ɳ | ɲ | ŋ | |||
| Oclusiva e africada |
xorda | p | t̪ | ʈ | ʧ | k | ||
| aspirada xorda | pʰ | t̪ʰ | ʈʰ | ʧʰ | kʰ | |||
| sonora | b | d̪ | ɖ | ʤ | g | |||
| Fricativa | (f) | s (z) | (ʃ) | ɦ | ||||
| Vibrante | ɾ | ɽ | ||||||
| Aproximante | ʋ | l | ɭ | j | ||||
Gramática panxabi [editar]
Morfoloxía [editar]
Substantivos [editar]
O panxabi distingue dous xéneros, dous números, e cinco casos que son o directo, oblicuo, vocativo, ablativo e locativo/instrumental. Os dous últimos casos son basicamente vestixios na lingua actual: o ablativo só aparece no singular, en variación libre co caso oblicuo máis ablativo posposición, e o locativo/instrumental déixase só para expresións adverbiais.[1] É posible facer unha subdivisión entre os substantivos, dividíndoos ente subclases declinables extensibles e inextensibles, cuxo remate característico é para os masculinos en -ā átono e para os femininos -ī.
Adxectivos [editar]
Os adxectivos divídense en categorías declinables e indeclinables. As declinables márcanse na súa terminación, para o xénero, número e caso do substantivo que define. En comparación, o número de terminacións dos adxectivos declinables é similar a dos substantivos aínda que máis simplificado [2] —
| Pl. | Sg. | |||
|---|---|---|---|---|
| Declin. | Masc. | Dir. | -ā | -e |
| Obl. | -e | -e, -iā̃ | ||
| Fem. | -ī | -īā̃ | ||
| Indeclin. | ||||
Os adxectivos indeclinables son totalmente invariables e poden rematar tanto en consoantes coma vogais (incluíndo ā e ī ). Dir. masc. sing. (-ā) é a forma que aparece nos dicionarios.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||