Quioto - 京都市

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kioto")

Coordenadas: 35°0′42″N 135°46′6″E / 35.01167°N 135.76833°E / 35.01167; 135.76833

Kyōto-shi - 京都市
Mapa
Kyoto in Kyoto Prefecture Ja.svg
Localización de Kyōto na prefectura de Kyōto
Map of Japan with highlight on 26 Kyoto prefecture.svg
Localización da prefectura de Kyōto no Xapón
Información
País Flag of Japan.svg Xapón
Illa Honshū
Rexión Rexión de Kinki
Prefectura Prefectura de Kyōto
Superficie 827,90 km2
Poboación 1.463.373 (2010)
Densidade 1.770 h/km²
Alcalde Daisaku Kadokawa
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Location KyotoJapan.jpg

Quioto (ou Kyoto; xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) é unha cidade na prefectura de Kyōto no Xapón.

Esta cidade foi a capital do imperio do Xapón, sendo actualmente a capital da provincia de Quioto, ben como a maior cidade da área metropolitana de Osaka-Kobe-Quioto. Quioto foi en tempos coñecida no Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").

O concello de Kyōto limita cos concellos de Nantan, de Kameoka, de Nagaokakyō, de Mukō, de Ōyamazaki, de Yawata, de Kumiyama, de Uji (son da prefectura de Kyōto); de Takatsuki, de Shimamoto (son da prefectura de Ōsaka); de Ōtsu e de Takashima (da prefectura de Shiga).

Índice

Historia [editar]

Artigo principal: Historia urbana de Quioto.

A pesar de existiren vestixios arqueolóxicos que datan a presenza humana nas illas do Xapón por volta de 10.000 a.C., a zona de Quioto só comezou a ser habitada xa no século VII. Durante o século VIII, cando o clero budista se tornou influente xunto do goberno imperial, o emperador optou por colocar a capital nunha rexión distante da influencia budista.

A nova cidade, Heiankyō ("capital de Heian") tornouse o asento da corte imperial en 794. Posteriormente, mudouse o nome da cidade para Kyoto (“cidade capital”). Quioto continuou a ser a capital do Xapón ata 1868, cando se deu a transferencia do goberno para Edo, a que posteriormente se alterou o nome para Tokyo (“capital Este”). Despois de Edo pasar a ser coñecida por Toquio, Quioto foi, por un curto período, coñecida por Saikyo (西京 Saikyō, "Capital Oeste"). Nótese que a cuestión de cal é a capital en termos legais é aínda alvo de controversia.

Os Estados Unidos consideraron botar a bomba atómica en Quioto, no que viría a ser o remate da Segunda Guerra Mundial, mais finalmente esta desbotouse esta posibilidade.

Quioto é a única gran cidade xaponesa que aínda ten bastantes edificios de construción anterior á guerra, como os machiya (casas tradicionais). Con todo, a modernización está a imporse, destruíndo a Quioto tradicional en favor dunha nova arquitectura, como o controvertido complexo da Estación de Quioto.

En 1997, Quioto foi o local onde decorreu a conferencia de onde resultou o Protocolo de Quioto sobre a emisión de gases produtores de efecto de estufa.[Cómpre referencia]

Xeografía [editar]

Quioto localizase na parte medio-occidental da illa de Honshu. Debido ás montañas que a cercan por todos os lados, Quioto é famosa polas súas quentes noites de verán.

A cidade está disposta nun patrón similar a unha grella de acordo coa tradición chinesa. Hoxe en día, a principal zona de negocios localizase nas partes centro e sur da cidade, coa zona norte, moito menos habitada, a manter un aspecto moito máis *verdexante.

Divisións [editar]

Quioto divídese en once zonas (ku):

División administrativa do concello de Kyōto

Demografía [editar]

De acordo cos dados de 2008, a cidade tiña unha poboación estimada de 1.464.990 habitantes, e unha densidade de poboación de 2403,68 persoas por quilómetro cadrado, nunha área total de 827,90 quilómetros cadrados.

Cultura [editar]

Quioto é coñecida pola súa deliciosa cociña local. Ao contrario da rexión volcánica de Kanto, o solo rico de Quioto permite o cultivo dunha variedade de vexetais e os varios cursos de auga existentes proporcionan boas condicións para a pesca.

Quioto é considerado o centro cultural do Xapón. Durante a Segunda Guerra Mundial, cando os bombardeos varrían o país, Quioto e os seus 1600 templos budistas, 400 locais de culto Shinto, os seus palacios, xardíns e edificios foron salvados, tornando Quioto unha das cidades máis ben preservadas de todo o Xapón. Na rexión de Quioto encontramos algúns dos máis famosos templos do Xapón, incluíndo:

O Pavillón Dourado
O Pavillón Dourado

Outros locais de releve dentro e arredor de Quioto inclúen o monte Arashiyama e o seu lago pintoresco, a zona de Gion, un antigo barrio de geishas, e os canais que atravesan algunhas das súas rúas máis antigas.

Os “Monumentos Históricos da Antiga Quioto” están clasificados como patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO. Destes monumentos fan parte os templos Kamo (Kami e Shimo), Kyo-O-Gokokuji (Toji), Kiyomizu-dera, Daigoji, Ninnagi, Saihoji, Tenryuji, Rokuonji (Kinkaku-ji), jishoji (Ginkaku-ji), Ryoan-ji, Honganji, Kozan-ji e o castelo Nijo.

Os nativos de Quioto tamén falan un dialecto xaponés chamado Kyoto-ben, que é unha variación do dialecto Kansai, falado na parte occidental do Xapón. Un exemplo típico é a palabra ookini que significa obrigado.

Economía [editar]

A Estación de Quioto

O turismo é a gran base da economía de Quioto. O legado cultural da cidade é constantemente visitado por grupos vidos de escolas de todo o Xapón e turistas estranxeiros.

A industria da cidade é maioritariamente formada por pequenas fábricas, a maior parte das cales dirixidas por artesáns que producen artesanía tradicional xaponés. A cidade é o centro de produción de quimonos por excelencia. Con todo, estas actividades teñen rexistrado unha redución, unha vez que a venda de produtos tradicionais *estagnou.

A única industria de dimensión razoábel en Quioto é a electrónica: é na cidade que se situan os cuarteis-xenerais da Nintendo e da Nintendo Xapón, ben como a OMRON Co., a Kyocera Co. (o nome deriva de Kyoto Ceramic) e Murata Manufacturing. Con todo, o crecemento das industrias de alta tecnoloxía non é o suficiente para superar o declinar das industrias tradicionais, e, como resultado, Quioto está en declive fronte á evolución doutras cidades xaponesas.

Empresas [editar]

Escolas e universidades [editar]

Quioto é coñecida como un dos centros académicos do país, albergando trinta e sete institucións de ensino superior. As tres maiores e máis coñecidas universidades locais son as universidades: Kyoto, Doshisha e Ritsumeikan. Entre estas, a Kyoto University é considerada unha das mellores universidades do Xapón, con varios laureados co Premio Nobel, como Yukawa Hideki.

Quioto ten tamén unha rede de ensino superior única, chamada Consortium of Universities in Kyoto, que *disponibiliza os seus cursos como parte do curso que é obtido nas 49 universidades que a constitúen.

Transportes [editar]

Metro - Estación de Yamashina na liña Tozai

O Kansai International Airport fica a 72 minutos de Kyoto de tren(o Haruka Expres). Moitos visitantes estranxeiros chegan a Kyoto de Shinkansen, *vindos de Toquio, nunha viaxe de aproximadamente dúas horas.

As redes de metro e autobús cobren razoabelmente as necesidades. Con todo, a maior parte dos puntos turísticos da cidade son alcanzábeis a pé. Os autobuses urbanos custan 220 Ienes por viaxe, mais a maneira máis rentábel de viaxar por Quioto de autobús é comprando un pase dun día sen limite de viaxes por 500 Iens.

Festivais [editar]

Fanse en Quioto os festivais:

  • Aoi Matsuri;
  • Gion Matsuri;
  • Jidai Matsuri;
  • Gozan Okuribi;

Deportes [editar]

No fútbol, Quioto ten o equipo Kyoto Purple Sanga na segunda división da liga xaponesa.

A pesar da popularidade do veciño equipo de basebol Hanshin Tigers, Quioto nunca tivo un equipo na NPB (Nippon Profesional Baseball). En compensación, os equipos de béisbol do ensino secundario son fortes, con Heian e Toba en particular, a teren bons desempeños no torneo que se disputa anualmente no Koshien Stadium, en Nishinomiya, preto de Osaka.

Cidades irmandadas [editar]

Quioto está irmandada coas cidades de:

Personaxes de sona [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]