Salgueiro chorón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salgueiro chorón
Willow.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Salicales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Nome científico
Salix babylonica L., 1753
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O salgueiro chorón, ou simplemente chorón, é unha árbore caducifolia da familia da Salicáceas (Salicaceae), moi apreciada como especie ornamental. O seu nome científico é Salix babylonica.

Índice

[editar] Nome científico

Carl von Linné deulle en 1753 o nome de Salix babylonica por un salmo da Biblia, no que se fala de que durante o exilio dos xudeus en Babilonia, penduraban as súa pregarias dos salgueiros.

[editar] Descrición

É unha árbore de talla media que alcanza de 10 a 15 metros de altura, aínda que excepcionalmente pode sobrepasar os 20. As pólas son moi flexíbeis, e a súas extremidades diríxesense con forza cara o chan, como caíndo, de aí o seu aspecto "tristeiro", que lles gañou a designación de choróns, que tamén aparece noutras linguas: francés pleureur, inglés weeping willow, español llorón, etc.

As follas son alternas, simples, lanceoladas, con dentado fino, estreitas e longas, acadando de 10 a 15 cm de comprimento, e sostidas por un curto pecíolo.

As flores, como noutros salgueiros, están agrupadas en amentos de arredor de 2 cm de longo, recibindo o nome popular de gatiños.

É unha planta dioica, na que as flores masculinas e femininas corresponden a árbores diferentes. En Europa non se coñecen máis que exemplares femias.

[editar] Distribución

Esta especie é orixinaria de China. Tróuxose para Europa a finais do século XVII, desde o Xapón.

Popularizado por cultivo, a especie foi naturalizada en todos os continentes, especialmente en Europa, Estados Unidos, África e Australia. Pode reproducirse a partir de simples escallos.

Como todos os salgueiros, o chorón prefire chans húmidos e brandos.

[editar] Utilización

Ë unha árbore ornamental moi decorativa. Tivo grande éxito na Europa do período prerromántico e romántico.

[editar] Variedades

Hai diferentes especies de choróns:

  • S. babylonica (con variedades de xardín, en especial a variedade "Crispa" , de follas espirais e porte estreito e lanzal; a variedade "Tortuosa k,;jb k jbkj;jk", ten follas e pólas tortas),
  • S. alba "pendula" : diferénciase da S. babylonica pola cor das ramas, que neste salgueiro é branca, mentres na S. babylonica é amarela.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas