Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kamakura (鎌倉市, かまくらし, Kamakura-shi) é un concello da prefectura de Kanagawa no Xapón. Está situada ao sur da rexión de Kantō e ao leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 39,60 km² de superficie e unha poboación de 173.746 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.390 h/km².
O concello de Kamakura limita cos concellos de Fujisawa, Yokohama e Zushi.
- Templo sintoista de Tsurugaoka Hachiman-gū (鶴岡八幡宮)
- Templo budista de Kōtoku-in (高徳院)
- Templo budista de Kenchō-ji (建長寺)
Gran Buda de Kamakura de Kōtoku-in
[editar] Cidades irmandadas