Rexións do Xapón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As rexións de Xapón non son divisións administrativas oficiais, pero constitúen unha división do país tradicionalmente empregada en varios contextos. Cada unha destas rexións está composta por prefecturas, a excepción da rexión de Hokkaidō que se compón dunha única prefectura. As 8 rexións son:
- Rexión de Hokkaidō - Composta pola illa de Hokkaido e outras illas pequenas. Sapporo é a principal cidade.
- Rexión de Tōhoku - No norte da illa de Honshū. Sendai é a principal cidade.
- Rexión de Kantō - No leste da illa de Honshū. Toquio e Iocoama son as principais cidades.
- Rexión de Chūbu - No centro de Honshū. Nagoia é a principal cidade.
- Rexión de Kinki - No sur de Honshū. Osaca, Kobe e Quioto son as principais cidades.
- Rexión de Chūgoku - No estremo oeste do sur de Honshū. Hiroxima é a principal cidade.
- Rexión de Shikoku - Composta pola illa de Shikoku. Matsuyama é a principal cidade.
- Rexión de Kyūshū - Composta pola illa de Kyushu e polas Illas Ryukyu. Fukuoka é a principal cidade.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web-Japan.org (en castelán)
|
|||||||||||||