Takatsuki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Takatsuki na prefectura de Ōsaka | |||
| Localización da prefectura de Ōsaka no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kinki | ||
| Prefectura | Prefectura de Ōsaka | ||
| Superficie | 105,31 km2 | ||
| Poboación | 354.020 (2009) | ||
| Densidade | 3.360 h/km² | ||
| Alcalde | Tsutomu Okumoto | ||
Takatsuki (高槻市, たかつきし, Takatsuki-shi) é un concello da prefectura de Ōsaka no Xapón. Está situado ó norte da prefectura, na parte Hokusetsu (signífica a parte norte de Settsu), no centro da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshū. Ten 105,31 km² de superficie, unha poboación de 354.020 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.360 h/km².
O concello de Takatsuki limita cos concellos de Ibaraki, de Settsu, de Neyagawa, de Hirakata, de Shimamoto (son da prefectura de Ōsaka); de Kameoka e de Kyōto (son da prefectura de Kyōto).
Cidades irmandadas [editar]
Masuda-shi, Prefectura de Shimane, Xapón (1971)
Manila, Filipinas (1979)
Changzhou, Jiangsu, China (1987)
Toowoomba, Queensland, Australia (1991)
Wakasa-chou, Prefectura de Fukui, Xapón (1993)