Camelia do Xapón
| Camelia do Xapón | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Camellia japonica'' L. |
|||||||||||||||
A camelia do Xapón ou xapoeiro[1] (Camellia japonica) é a especie más coñecida do xénero Camellia. Chamada simplemente camelia ou roseira de inverno,[2] é un arbusto porcedente de oriente pertence á familia Theaceae. Moi común nos xardíns de Galicia, tense chamado a flor das Rías Baixas. É tamén a flor oficial do estado de Alabama nos Estados Unidos.
Índice |
Distribución e hábitat [editar]
Atópase brava na China (Shandong e leste de Zhejiang), Taiwan, Korea do Sur e sur do Xapón.[3] Medra en bosques, cunha altitude entre 300 e 1100 m.[4] Adaptouse ben ás condicións climáticas e edáficas dalgunhas zonas de clima temperado e solos acedos coma o sur de Galicia. Moi común nos xardíns das Rías Baixas.
Descrición [editar]
A camelia C. japonica é unha arboriña ou arbusto de flor, duns 1,5 a 6 m de altura, que ocasionalmente acada os 11 m de alto. Algunhas variedades cultivadas incluso superan os 72m². As pólas máis novas son pardas ou púrpuras, tornándose cinsentas cos anos. As follas son alternas e coriáceas de cor verde escura brillante pola face anterior e verde pálida pola cara posterior, normalmente de 5 a 11 cm de longo por 2,5 a 6 cm de largo, cun pecíolo groso duns 5 a 10 mm de longo. As follas rematan en punta e os bordos son lixeiramente aserrados.[4]
Silvestre, florece entre xaneiro e marzo. As flores aparecen ao longo das pólas, especialmente cara as puntas destas e van normalmente sentadas nas mesmas ramas. Poden ir soas ou en parellas, e teñen uns 6 a 10 cm de diámetro cando estás completamente abertas. Hai arredor de nove bracteolas verdosas e nove sépalos. As flores da camelia brava e variedades pouco evoluídas teñen soamente seis ou sete pétalos de cor branca ou rosada, cada un duns 3 a 4,5 cm de longo e 1,5 a 2,5 cm de largo. As variedades cultivadas chegan a ter moitos pétalos. Os estames son numerosos duns 3 cm de longo, e fican ocultos nas variedades con numerosos pétalos centrais.
O froito consiste nunha cápsula en forma de bóla con tres compartimentos (lóculos), cada un cunha ou dúas sementes castañas de 1 ou 2 cm. A froitificación dáse entre setembro e outubro nas variedades bravas.[4]
As eirugas dalgúns lepidópteros, coma a avelaíña: (Ectropis crepuscularia) aliméntanse das follas de camelia do Xapón. Os paxaros xaponeses chamados paxaros dos ollos brancos (Zosterops japonica) polinizan a Camellia japonica.[5]
Taxonomía [editar]
O xénero Camellia tomou o nome do xesuíta e botánico George Kamel.[6] O nome da especie japonica deullo Carl von Linné en 1753 a causa de que Engelbert Kaempfer foi o primeiro en describir a planta cando estaba no Xapón.[7]
Na Flora da China distínguense dúas variedades:[4]
- C. japonica var. japonica é a dada por Linné, a típica que medra nos xardíns do dur da China, Korea e Xapón. A flore ten un pedúnculo de 1 cm de longo e coas bracteolas e sépalos aveludados.
- C. japonica var. rusticana (Honda) T. L. Ming a variedade brava. A flor ten un pedúnculo máis curto, duns 5 mm de longo, con peliños pubestentes na base. As bracteolas e os sépalos son macíos (glabros) pola parte exterior.
Cultivo [editar]
Historia do cultivo [editar]
A Camellia japonica aparece xa nas pinturas de porcelana chinesa dende o século XI. As primeiras pinturas adointa amosar a flor sinxela de cor vermella. Porén, unha flor branca aparece no pergamiño das Catro Pegas da dinastía Song.[7]
O primeiro que trouxo a camelia a occidente foi Engelbert Kaempfer aló polo 1692, cirurxián xefe da compañía holandesa Dutch East India Company. Polo que as camelias comezaron a cultivarse em Europa no século XVIII.
Crese que foi Robert James de Essex, Inglaterra, o primeiro que levou a camelia a Inglaterra en 1739. Carl Peter Thunberg doou ao xardín botánico de Kew catro especímenes de camelia do Xapón, e unha camelia máis en 1780 ao xardín botánico do castelo de Pillnitz preto de Dresden en Alemaña, que aínda hoxe sobrevive e mide 8,9 m de alto e 11 m de diámetro.[8]
As Camellia japonica máis vellas de Europa atópanse en Vila Nova de Gaia (Portugal), e en Caserta (Italia), ademais da do castelo de Pillnitzer (Alemaña).[9] Todas elas plantáronse probabelmente a finais do século XVIII.
A camelia entrou en Galicia probabelmente a principios do século XIX dende Portugal. As camelias do Xapón máis antigas que se coñecen en Galicia e que aínda sobreviven son as do parque Castrelos (Quiñones de León) en Vigo. O xardín créase en tempos do primeiro marqués de Alcedo, existindo costancia de que o marqués de Loureiro en 1860 cultivara as primeiras camelias provenientes do seu alcouve de Portugal. O cultivo continuou co noveno Marqués de Valladares, a cargo de persoal inglés. Desa época conservamos un impresionante exemplar de C. japonica no xardín de buxos inglés na parte traseira do pazo. [10]
Condicións de cultivo [editar]
Normalmente, a camelia non se dá ben en climas moi fríos. Porén téñenese producido cultivares resistentes. Gostan da sombra, dos solos bastante acedos, húmidos e com boa drenaxe. En solos lamentos a raíces tenden a prodrecer.[11]
Cultivares [editar]
A camelia do Xapón apréciase polas súas flores, que poden ser simples, semidobres ou dobres.[6] Hai máis de 2000 cultivares desenvolvidos. A gama de cores das flores vai dende o vermello até o branco pasando polo rosa; ás veces con variedades multicolores, con raias ou con pintas. Os cultivares inclúen: 'Elegans' con grandes flores rosadas con estrías brancas; 'Guilio Nuccio' con pétalos rubios ou rosado e estames amarelos; 'Mathotiana Alba' con flores brancas, e Tsar con flores dobres de cor encarnada[12]; 'Alba Plena' de flores moi brancas [13]; 'Unryu' con debuxos en zig-zag. “Unryu” significa “dragón nas nubes” en xaponés. Outro tipo pouco común é a chamada camelia cola de peixe ou C. japonica 'Kingyo-tsubaki'. As puntas das follas desta planta semellan a colas dos peixes.[14]
Galería de imaxes (cultivares) [editar]
Doenzas [editar]
Algunhas patoloxías producidas por fungos ou algas producen manchas nas follas que fan que aparezan puntos prateados e redondeados no face das mesmas, e poden facer incluso que caian. Mofo negro, máculas foliares; bugallos foliares ou podremias florais (que fan que estas tornen pardas e caian); podremia das raíces; e chancros causados polo fungo: Glomerella cingulata, que penetra polas feridas que a planta poida ter.
Entre as pragas, algúns insectos atacan a camelia como o escaravello Pantomorus cervinus, a cochinillas fariñentas Planococcus citri e Pseudococcus longispinus, os gorgullos Otiorhyncus salcatus e Otiorhyncus ovatus, ou a Fiorinia theae.
Algunhas enfermidades fisiolóxicas poden ser os danos resultado da salinidade do solo; cloroses causadas pola falla de certos elementos nutritivos no solo; a caída dos gomos ou botóns foliares por mor de exceso de auga, altas temperaturas, ou incluso a causa de ter testos demasiado pequenos que afogan a raíz.
Outros problemas poden ser os edemas ou queimaduras polo sol (asolamento). Non se sabe moito de problemas víricos na C. japonica.[15]
A camelia na cultura [editar]
As camelias son vistas como símbolos de boa sorte no Aninovo e na primavera chinesa e incluso serven coma ofrendas para os deuses.
Unha das plantas máis importantes relacionadas coa camelia do Xapón é a Camellia sinensis, de onde vén a planta do té. Esta planat no acostuma usarse en xardinaría porque, a diferenza da japonica, ten unha flores brancas moi miúdas. Tampouco a planta do té entrou a formar parte na historia da arte coma a Camellia japonica. Porén tense usado moito en medicina tradicional durante a dinastía Shang. Primeiro fora usada para beberaxes durante a dinastía Zhou.[7]
A mediados do século XIX, as camelias estaban moi de moda en Europa occidental. Isto inspirou a moitos artistas da época. Alexandre Dumas veuse influenciado pola morte moi ceda da cortesana parisiense Marie Duplessis en 1847, cando escribiu A Dama das Camelias. Verdi baseouse na obra de Dumas para compor La traviata.
Autores coma Rosalía xa falaban no século XIX da camelia en Galicia. Igualmente Curros Enríquez, Pondal, Pardo-Bazán, Fernández Flórez ou Cunqueiro mencionan a camelia nas súas obras.
Notas [editar]
- ↑ Termos esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001
- ↑ Rushing, Felder and Jennifer Greer. Alabama & Mississippi Gardener's Guide. Cool Springs Press, 2005. 158. ISBN 1-59186-118-7
- ↑ "Botanica. The Illustrated AZ of over 10000 garden plants and how to cultivate them", p 176-177. Könemann, 2004. ISBN 3-8331-1253-0
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Min, Tianlu; Bartholomew, Bruce. "Camellia japonica". http://www.efloras.org/florataxon.aspx?flora_id=2&taxon_id=200014034. Consultado o 2011-11-18., in Modelo:Citation
- ↑ Roubik, Sakai, and Abang A. Hamid Karim. Pollination ecology and the rain forest. New York: Springer Science + Business Media. 2005. 135. ISBN 0-387-21309-0
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeCothran - ↑ 7,0 7,1 7,2 Valder, Peter. The Garden Plants of China. Oregon: Timber Press, 1999. ISBN 0-88192-470-9
- ↑ "Die Pillnitzer Kamelie (Camellia japonica L.)" (en German). Staatliche Schlösser, Burgen und Gärten Sachsen. 2011. http://www.schlosspillnitz.de/de/schloss_park_pillnitz/kamelie/. Consultado o 26 December 2011.
- ↑ P. Vela, J. L. Couselo, C. Salinero, M. González, M. J. Sainz: Morpho-botanic and molecular characterization of the oldest camellia trees in Europe. In: International Camellia Journal, No. 41, 2009, pp. 51-57
- ↑ [1]
- ↑ Francko, David. A. Palms won't grow here and other myths. Oregon: Timber Press, Inc. 2003. ISBN 0-88192-575-6
- ↑ Nico Vermeulen:"The Complete Encyclopedia of Container Plants", p. 65-66. Rebo International, Netherlands, 1998. ISBN 90-366-1584-4
- ↑ The Magazine of horticulture, botany, and all useful discoveries and improvements in rural affairs. Published by Hovey., 1836. v. 2. Original from Harvard University. Digitized May 11, 2007.
- ↑ Kirton, Meredith. Dig: Modern Australian Gardening. Murdoch Books, 2004. 399. ISBN 1-74045-365-4
- ↑ Pirone, Pascal P. Diseases and pests of ornamental plants. Edition 5. John Wiley and Sons. 1978. 172-175.