Barrios de Toquio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da porción principal de Toquio mostrando cidades veciñas e a baía de Toquio.

Os 23 barrios especiais (特別区 tokubetsuku) constitúen a subdivisión administrativa de Toquio, no Xapón. Varían moito en tamaño (de 10 a 60 km²) e en poboación (de 40 000 a 830 000 habitantes). Setagaya é o mais populoso; Ōta, é a que ten maior extensión

Existen barrios (区 ku) noutras cidades do Xapón, mais os de Toquio son especiais. Dende a década de 197 os barrios de Toquio teñen unha autonomía maior da que teñen outros barrios, tornándose algo máis semellante a unha cidade independente que distritos dunha cidade. Cada barrio especial conta co seu propio "alcalde" (区長 kuchō) e "asemblea" (区議会 kugikai).

A poboación total dos 23 barrios é de 8,28 millóns (2002), preto de 2/3 da poboación de Toquio e un cuarto da poboación da Área do Gran Toquio. A súa densidade de poboación é de 13.333 hab./km².

Historia[editar | editar a fonte]

Na zona dos barrios de Toquio ata 1943 existía a cidade de Toquio. Neste ano a cidade de Toquio e a prefectura de Toquio (naquel momento chamábase Tōkyo-fu) uníronse e foi fundada a nova prefectura de Toquio (chámase Tōkyo-to). E na zona antiga da cidade de Toquio fixéronse 35 barrios.

Lista dos barrios[editar | editar a fonte]

Nome Kanji Poboación Densidade pob.
(por km²)
Área
(km²)
Adachi-ku 足立区 621 848 11 688,87 53,2
Arakawa-ku 荒川区 186 275 18 262,25 10,2
Bunkyō-ku 文京区 181 065 16 009,28 11,31
Chiyoda-ku 千代田区 37 988 3 263,57 11,64
Chūō-ku 中央区 81 996 8 078,42 10,15
Edogawa-ku 江戸川区 637 571 12 787,22 49,86
Itabashi-ku 板橋区 525 969 16 349,67 32,17
Katsushika-ku 葛飾区 426 403 12 238,89 34,84
Kita-ku 北区 327 086 15 885,67 20,59
Kōtō-ku 江東区 398 805 10 111,69 39,44
Meguro-ku 目黒区 255 833 17 403,61 14,7
Minato-ku 港区 167 098 8 215,24 20,34
Nakano-ku 中野区 313 325 20 097,82 15,59
Nerima-ku 練馬区 674 826 14 012,17 48,16
Ōta-ku 大田区 661 157 11 119,36 59,46
Setagaya-ku 世田谷区 829 624 14 284,16 58,08
Shibuya-ku 渋谷区 201 524 13 337,13 15,11
Shinagawa-ku 品川区 332 536 14 636,27 22,72
Shinjuku-ku 新宿区 297 135 16 299,23 18,23
Suginami-ku 杉並区 530 307 15 588,10 34,02
Sumida-ku 墨田区 221 093 16 079,49 13,75
Toshima-ku 豊島区 252 764 19 428,44 13,01
Taitō-ku 台東区 162 685 16 139,38 10,08