Illa Antiga
| Antiga | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | St. John's |
| País | Antiga e Barbuda |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 68.000 hab. |
| Superficie | 280 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 17°05′N 61°48′W / 17.083°N 61.800°WCoordenadas: 17°05′N 61°48′W / 17.083°N 61.800°W |
| Maior Altura | 402 m. Mount Obama |
| Localización | |
Antiga é unha illa no Caribe, forma parte do país Antiga e Barbuda. Ten unha poboación de 68.000 habitantes, aproximadamente, dos cales máis de 24.000 viven na capital, St. John's. A illa ten un perímetro de 54 millas e un área de 280 km². A superficie é maioritariamente plana, e non hai moitas elevacións no terreo como é común noutras illas da zona.
As cidades máis importantes son St John's, Falmouth e Parham. St John's, a capital, está situada ao noroeste da illa, cerca do aeroporto e o porto que está preparado para albergar a grandes cruceiros.
A economía de Antiga baséase no turismo. Os hoteis están situados na costa e o seu único aeroporto está ao servizo de grandes compañías como Virgin Atlantic e British Airways.
A moeda nacional é dólar do Caribe Oriental. A pesar diso, a maioría dos prezos son en dólares estadounidenses.
Historia[editar]
Ao principio foi habitada polos Siboney, xa que os seus asentamentos datan desde o 2.400 A.C.. En 1493 Cristóbal Colón chegou a Antiga, quen a bautizou con ese nome en honra a unha igrexa situada en Sevilla (España) chamada Santa María a Antiga. Continuou case deshabitada ata 1632, ano en que chegaron os británicos á illa. En 1666 os franceses tomárona, pero ao pouco tempo os ingleses lograron reconquistarla, e logo formalmente por medio do Tratado de Breda. Permaneceu baixo control británico ata que en 1981 Antiga e Barbuda logrou a independencia.
Xeografía[editar]
- Área da illa: 280 km²
- Coordenadas: 17.09° N 61.80° W
- Capital: St. John's (24.000hab)
- Clima: Mariño tropical; Pouca amplitude térmica entre as estacións do ano.
