Grande-Terre
| Grande-Terre | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Pointe-à-Pitre (104.964 hab.) |
| País | Francia |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | Antillas Menores |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 197.603 hab. |
| Superficie | 586´68 km² |
| Densidade | 336´82 hab./km² |
| Coordenadas | 16°20′N 61°25′W / 16.333°N 61.417°W |
| Maior Altura | 136 m. Morne l'Escale |
| Localización | |
Grande-Terre é a segunda das dúas maiores illas do departamento de ultramar francés de Guadalupe. O seu nome significa literalmente en francés "Terra Grande". Isto débese a que o seu nome foi dado en contraste coas moito máis pequenas illas Petite Terre (Illas "Pequena Terra"), dúas pequenas illas situadas a uns 10 km. ao sureste da Grande-Terre. Está separada da súa irmá maior, Basse-Terre, por unha estreita canle chamada Rivière Salée, é unha illa calcaria que no seu centro é unha meseta árida, que posúe 586´68 km² de superficie e unha poboación segundo o censo de 1999 de 196.767 habitantes vivindo en 10 comunas ou concellos.
Características [editar]
Grande-Terre está rodeado de arrecifes de coral e a propia illa é unha meseta de pedra calcaria. A súa superficie é unha serie de outeiros, praias de area branca e cantiis. Das dúas illas, Grande-Terre é o fogar da maioría das granxas de Guadalupe e centros turísticos.
A illa ten unha superficie de 586´68 km². No censo de 2006 a poboación da Grande-Terre é 197.603 habitantes que viven en 10 comunas (concellos). A densidade de poboación foi de 337 habitantes por km². Os municipios máis poboados son, en orde decrecente de poboación, Les Abymes (parte da área urbana de Pointe-à-Pitre), Le Gosier (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre ), Pointe-à-Pitre (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre ), Le Moule, Sainte-Anne e Morne-a-l'Eau.