Nevis
| Nevis | |
|---|---|
| Bandeira | |
| Datos | |
| Capital | Charlestown |
| País | Saint Kitts e Nevis |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 12.106 hab. |
| Superficie | 93.2 km |
| Densidade | 130 hab./km² |
| Coordenadas | 17°09′N 62°35′W / 17.15°N 62.583°W |
| Maior Altura | 985 m. Monte Nevis |
| Localización | |
Nevis é unha illa no mar Caribe, o seu nome é unha corrupción da palabra española Nieves, forma abreviada de Nuestra Señora de las Nieves, nome que segundo a tradición local, aínda que sen evidencia histórica [1]puxo á illa Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493 ao ancorar nela[2] durante a súa segunda viaxe a América por mor das nubes que cobren permanentemente o Monte Nevis e que lle dá unha aparencia de cumio nevado. Xunto coa illa de Saint Kitts que está ao norte, constitúe a Federación de Saint Kitts e Nevis. A illa abrangue nove antigos centros volcánicos que contribuíron á súa formación[3], calculándose a última erupción en cen mil anos atrás[4] .
Nevis conta co seu propio parlamento e goberno, o actual primeiro ministro é Joseph Parry, quen substituíu en 2006 a Vance Armory. A constitución de Saint Kitts e Nevis recoñece no seu artigo 113 o dereito á secesión da illa de Nevis[5] e nese marco legal o 10 de agosto de 1998 celebrouse un referendo de autodeterminación, mostrándose favorables á secesión o 61.7% dos votantes de Nevis, sen chegar por pouco aos dous terzos requeridos pola constitución[6]
Índice |
Xeografía [editar]
Nevis pertence xeoloxicamente ao arco das Pequenas Antillas que comezou a formarse no Eoceno aínda que Nevis como outras illas do seu contorno xurdiu como unha formación volcánica do Plioceno-Plistoceno[7]. Posúe unha superficie de 93.2 km²[8], a súa máxima altitude é o Monte Nevis (985 m), é un estratovolcán composto a partes iguais por lava endurecida e por cinzas volcánicas procedentes de erupcións [9].
Demografía [editar]
Posúe unha poboación duns 12.000 habitantes e posúe unha das taxas de alfabetización máis altos do continente americano, con aproximadamente un 98%. A actual capital é Charlestown.
Notas [editar]
- ↑ John Logan Allen North American Exploration: A new world disclosed. University of Nebraska Press, 1997, páxina 476
- ↑ Vincent K. Hubbard Swords, ships, and sugar: a history of Nevis to 1900. Premiere Editions, 1993, páxina 2
- ↑ ONU "Saint Kitts and Nevis: Executive Summary". Country Reports. Committee on Science and Technology, United Nations Convention to Combat Desertification, consultado o 9 de agosto de 2009.
- ↑ Gobal Volcanism Program
- ↑ Constitución de Saint Kitts e Nevis
- ↑ Ann Lynn Griffiths e Karl Nerenberg (eds.) Handbook of Federal Countries.McGill-Queen's Press, 2002, páxina 275
- ↑ Bouysse, Westercamp e Andreieff, The Lesser Antilles island arc, en JC Moore, A. Mascle e al. Proceedings of the Ocean Drillings Program, Scientific Results, 1990
- ↑ The Commonwealth Yearbook. Commonwealth Secretariat, 2004, páxina 252
- ↑ Rosaly Lopes The volcano adventure guide. Cambridge University Press, 2005, páxina 302