Chacachacare
| Chacachacare | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Trindade e Tobago |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | Antillas Menores |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 0,61 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | Coordenadas: 10°41′N 61°45′W / 10.683°N 61.75°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Chacachacare é unha illa da República de Trindade e Tobago situada no Mar Caribe que pertence ao conxunto de illas denominadas "Illas Bocas" sendo a máis occidental destas e situada nas Bocas do Dragón, nas proximidades de Venezuela.
Permanece deshabitada, e moitos trinitarios visítana en tempada vacacional.
Historia [editar]
Orixinalmente foi chamada "O Caracol" por Cristóbal Colón pola súa particular forma, foi descuberta por este navegante ao servizo de España en 1498.
Foi cedida xunto con Trindade aos Británicos en 1797. En 1813 o revolucionario venezolano Santiago Mariño usou a illa como base de operacións para invadir Venezuela.
En 1942 durante a segunda guerra mundial ao redor de 1.000 Marines da Forzas Armadas de Estados Unidos estacionáronse na illa e construíron barracas e instalacións.
Ligazóns externas [editar]
- Chacachacare: El triste legado de una idílica isla del Caribe - Tri-City Herald
- - Chacachacare Mapa interactivo - Desarrollo de Chaguaramas.