Fatu Hiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fatu Hiva
Vista da illa
Fatuhivaküste.jpg
Datos
Capital Omoa
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Marquesas
Linguas
Poboación (2007) 587 hab.
Superficie 85 km²
Densidade
Coordenadas 10°29′S 138°39′W / 10.483°S 138.650°W / -10.483; -138.650
Maior Altura 1.125 m. Monte Touaouoho
Localización
Localización

Fatu Hiva (en marquesano Fatuiva) é a illa máis meridional das Marquesas. Está situada a 75 km ao sur de Hiva Oa.

A illa está constituída por dous antigos volcáns que forman unha cadea montañosa que culmina no monte Tauauoho con 960 metros de altitude. Ao oeste ábrense dous baías: Hanavave e Omoa. A baía de Hanavave era coñecida polos navegantes como baía das Vergas, xa que se atopan unhas formacións rochosas con forma fálica. Os misioneiros católicos, interpretando que se trata dos veos das virxes, cambiaron o nome a baía das Virxes, engadindo unha "i" en francés: V(i)erges. A costa este caracterízase por estreitos vales escarpadas e inaccesibles. A superficie total é de 84 km².

Abundan as árbores froiteiras: mangos, bananas, pomelos, limóns, laranxas e papaias. Os mangos están á libre disposición de todos os habitantes.

A poboación total era de 587 habitantes no censo do 2007. As vilas principais son Omoa, a capital, e Hanavave, situadas nas baías do mesmo nome. A poboación vive principalmente do agro, a artesanía e o turismo. A orografía da illa non permite a construción dunha pista de aterraxe e só é accesible por barco.

Fatu Hiva foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira a vixilia de santa María Magdalena de 1595, e chamouna Illa Magdalena. O investigador noruegués Thor Heyerdahl instalouse en 1936, e comezou a desenvolver aquí as súas teorías sobre as navegacións prehistóricas. Describe a súa experiencia no libro Fatu-Hiva: Back to Nature.

Bosque de Fatu Hiva
Mapa de Fatu Hiva