Moho Tani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moho Tani
Vista de Moho Tani dende Hiva Oa.
Localización
Localización
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas10°00′S 138°50′O / -10.000, -138.833Coordenadas: 10°00′S 138°50′O / -10.000, -138.833
Xeografía
Superficie15 km²
Longura máxima7´2 km.
Largura máxima1´9 km.
Punto máis alto520 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Moho Tani (tamén Mohotani ou Motane) é unha illa das Marquesas, situada no grupo sur do arquipélago, a 15 km ao sueste de Hiva Oa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa é pequena, cunha superficie de 15 km². É de orixe volcánica, con cantís na costa e suaves ondulacións no interior. É descrita por algúns navegantes como o lombo dunha balea. A altitude máxima é de 520 metros.

Historia[editar | editar a fonte]

Nalgún momento a illa foi habitada por un clan chamado o "moi a Tiu", pero a poboación foi varrida pola enfermidade e a guerra, os poucos superviventes marcharon de Hiva'Oa. En tempos pre-europeos, a illa considerouse parte do territorio da provincia de Pepane. Foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira o 21 de xullo de 1595, e chamouna San Pedro xa que era a vixilia de San Pedro ad Vincula, onomástica do piloto maior Pedro Fernández de Quirós e do coronel Pedro Merino.[1] Os primeiros informes describen a illa como fértil, con bosques e campos.

Cando Thor Heyerdahl visitou a illa en 1938, só había unhas cantas cabras e restos de aldeas e chozas abandonadas. Hoxe en día está deshabitada, pertencendo á comuna de Tahuata. A vexetación foi destruída polos rabaños en estado salvaxe de cabras e ovellas. En 1992, a illa e as illas máis pequenas que a rodean (incluíndo Terihi) foron oficialmente protexidas na declaración da Reserva Natural Motane.

Moho Tani administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Hiva'Oa, na subdivisión administrativa das Illas Marquesas .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Clarendon Press, Oxford, 1960, p.51.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]