Eiao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eiao
ʻEiao
Imaxe satélite de Eiao
Localización
Situación
País Francia
Colectividade de ultramarPolinesia francesa
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas8°0′S 140°42′O / -8.000, -140.700Coordenadas: 8°0′S 140°42′O / -8.000, -140.700
Xeografía
Superficie43´8 km²
Punto máis altoMoukatiketike 576 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Eiao é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa é unha plataforma elevada, con cantís de 500 m. no suroeste e unha gran roca en forma de obelisco na punta sueste. Na costa noroeste hai algunhas baías cunha zona de ancoraxe e desembarco en Vaituha onde, ademais, hai un río de auga fresca.

Historia[editar | editar a fonte]

Hoxe en día a illa está deshabitada, pero antigamente estaba habitada pola tribo chamada Tuametaki, e era un lugar sacro para os habitantes de Te I´i, ao norte de Nuku Hiva. Noutras illas das Marquesas atopáronse restos arqueolóxicos de ferramentas feitas con rocas basálticas de Eiao. A illa foi descuberta en 1791, polo norteamericano Joseph Ingraham que a chamou Knox en honra ao entón secretario de guerra dos Estados Unidos Henry Knox. Outros nomes utilizados foron: Masse, Fremantle e Robert. En marquesano escríbese ´eiao e en ocasións se transcribió Eiau ou Hiaou.

A finais do século XIX utilizouse como illa penal. Na década dos 1970 foi ocupada militarmente polos franceses como un posible lugar para facer probas nucleares. En 1992 declarouse como reserva natural para protexer as especies en perigo, algunhas delas endémicas.

Mapa de Eiao
Mapa de Eiao
Baía de Vaituha en Eiao.