Hatutu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hatutu
Vista da illa
Imaxe do noroeste das Illas Marquesas. Hatutu é a illa do centro. Imaxe cortesía do Centro Espacial de Johnson.
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Marquesas
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 6´4 km²
Densidade
Coordenadas 7°55′S 140°34′W / 7.917°S 140.567°W / -7.917; -140.567
Maior Altura 428 m.
Localización
Localización
Piquero de patas azuis (Sula nebouxii)

Hatutu, ou tamén Hatuta´a, é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 3 km ao nordés de Eiao.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa está deshabitada e consiste nunha plataforma elevada de 428 metros de altitude cunha superficie de 6,5 km².

Historia[editar | editar a fonte]

Hatutu foi descuberta en 1791, polo norteamericano Joseph Ingraham que a chamou Hancock, nome do primeiro gobernador de Massachusetts, John Hancock. Outros nomes utilizados foron o francés Chanal e o inglés Langdon. En 1992, Hatutu foi declarado reserva natural. É un lugar utilizado polas aves mariñas para aniñar, un dos importantes é o piquero de patas azuis (Sula nebouxii).