Tahuata
| Tahuata | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Vaitahu |
| País | Francia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas Marquesas |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 671 hab. |
| Superficie | 61 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 9°56′S 139°6′W / 9.933°S 139.1°W |
| Maior Altura | 1.050 m. Amatea |
| Localización | |
Tahuata é unha illa das Marquesas. Está situada no grupo sur do arquipélago, a 3 km ao sur de Hiva Oa.
Xeografía [editar]
Tahuata é a máis pequena das illas habitadas das Marquesas, cunha superficie de 61 km². A illa é moi montañosa, con profundos vales e cantiis. A altitude máxima está no monte Amatea de 1.050 metros. A orografía non permite a construción dunha pista de aterraxe e as comunicacións son vía marítima desde a illa veciña de Hiva Oa, separada pola canle de Bordelais de 3 km de ancho e unhas correntes de 20 nós.
A poboación total era de 682 habitantes no censo do 2002. A vila principal é Vaitahu, localizada no oeste da illa, capital da comuna que inclúe tamén a illa deshabitada de Moho Tani, outras vilas son Hapatoni, Motopu e Hanatetena.. A activitad principal é a agricultura e a artesanía.
Historia [editar]
Os restos arqueolóxicos indican que Tahuata estaba habitada polos polinesios xa no século III. Na época pre-europea era considerada unha dependencia de Hiva Oa.
Vaitahu foi o lugar dos primeiros contactos das Marquesas cos europeos. En 1595 desembarcou Álvaro de Mendaña. Foi aquí onde chamou ao arquipélago "as Marquesas de Mendoza", e a illa "Santa Cristina". Unha serie de malentendidos provocou a masacre de 200 vítimas. O inglés James Cook chegou en 1774, e o francés Dupetit-Thouars en 1842, proclamou en Vaitahu a anexión das Marquesas a Francia. Posteriormente edificouse a primeira igrexa das illas.
A fala da illa é o dialecto Nuku da lingua marquesana.