Ua Pou
| Ua Pou | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Hakahau |
| País | Francia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas Marquesas |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 2.157 hab. |
| Superficie | 105´3 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 9°25′S 140°05′W / 9.417°S 140.083°W |
| Maior Altura | 1.230 m. Pouakei |
| Localización | |
Ua Pou é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 35 km ao sur de Nuku Hiva e 85 km ao noroeste de Hiva Oa.
A illa ten forma piramidal e no centro destacan uns alicerces basálticos en forma de pan de azucre: Matahenua (1028 m), Pouakei (1023 m) e Oave (1230 m). A superficie total é de 105,3 km². Con 2.157 habitantes no censo do 2007 resulta a illa máis densamente poboada do arquipélago. A vila principal é Hakahau situada ao noroeste da illa co principal porto e próxima ao aeroporto. A poboación é coñecida polas calidades artísticas innatas dos artesáns escultores e tatuadores ademais dos cantantes e bailaríns tradicionais. Bianualmente celébrase o festival de Matava´a que constitúe un centro importante da cultura marquesana.
Os habitantes de Ua Pou participaron nas guerras tribais de Nuku Hiva, pero interiormente era a única illa que estaba unificada baixo un xefe único antes da chegada dos europeos. En 1791, o estadounidense Joseph Ingraham, foi o primeiro en anotar a súa posición chamándoa Adams en honra ao por entón vicepresidente John Adams. Dous meses máis tarde desembarcou o francés Etienne Marchand deixando o seu propio nome. Tamén se coñeceu como Trevenen Island. O nome Ua Pou significa «dous alicerces» e reflexa perfectamente a súa orografía. Tamén se escribiu como Ua Pu, Hua Pu e Ropo.