Ua Huka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ua Huka
Vista da illa
UaHuka BaieInvisible 20061114.JPG
Datos
Capital Vaipaee
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Marquesas
Linguas
Poboación (2007) 571 hab.
Superficie 83´4 km²
Densidade
Coordenadas 8°54′S 139°33′W / 8.900°S 139.550°W / -8.900; -139.550
Maior Altura 855 m. Monte Hitikau
Localización
Localización

Ua Huka (en marquesano ´uahuka) é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 42 km ao leste de Nuku Hiva.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa ten unha forma de croissant aberto cara ao sur, cunha superficie total de 83,4 km². Cun relevo menos elevado que as illas veciñas, a altitude máxima é de 855 metros no monte Hitikau. Moitas zonas son áridas e case desertas desforestadas polos rabaños de cabras e cabalos. Hai unhas 3.000 cabezas de gando.

A poboación total era de 584 habitantes no censo do 2002, distribuída en tres vilas: Vaipaee, Hane e Hokatu. A riqueza turística baséase na restauración dos numerosos xacementos arqueolóxicos, na exposición dos vestixios en dous museos, e na conservación da flora no único xardín botánico polinesio. Entre os vestixios arqueolóxicos destacan uns antigos petróglifos. O Arboretum de Pupuakeiha consta de 17 hectáreas onde se plantaron máis de trescentas especies de árbores. Permite constatar a adaptación ao chan marquesano e seleccionar as variedades para reforestar a illa. Ao oeste atópase a misteriosa «gruta dos pasos». Trátase dunha gruta accesible só por mar onde hai unhas pisadas.

Historia[editar | editar a fonte]

Ua Huka, ás veces escrito como Roohka ou Ua-huna, foi descuberta polo capitán estadounidense Joseph Ingraham en 1791. Chamouna Wáshington Island, nome que tamén deu a todo o grupo norte en honra ao presidente de entón George Washington. Outros nomes utilizados son Riou e Solide.