Nürburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nürburg
Escudo Mapa
Escudo de armas de Nürburg Situación de Nürburg en Alemaña
Situación
Topónimo oficial {{{topofi}}}
País Flag of Germany.svg Alemaña
Estado federal Rheinland-Pfalz
Rexión administrativa Ahrweiler
Comarca (Landkreis) Adenau
Xeografía
Altitude 539 m
Área 3´63 km²
Poboación (2012) 179 hab.
Densidade 49 hab./km²
Política
Alcalde (Bürgermeister)
Partido gobernante
Páxina web www.nuerburg.de

Nürburg (Modelo:IPA-de) é unha cidade de Alemaña no distrito de Ahrweiler, no estado de Renania-Palatinado. Tamén é o nome do castelo local, Castelo de Nürburg, que foi construído na Alta Idade Media. O nome derívase da palabra alemana "nur" que significa só/único e burg, que significa "castelo". A cidade é coñecida pola súa famosa pista de carreiras de 24 kilometros, Nürburgring. Aínda que actualmente só utilizanse cinco quilómetros da pista para o gran premio de Fórmula 1.

Localización[editar | editar a fonte]

Nürburg elevase por encima da aldea do mesmo nome no segundo outeiro máis alto das Eifel (678 m.). O castelo e o outeiro son considerados como unha paisaxe característica da rexión de Eifel. Malia que é un dos castelos máis importantes na rexión de Eifel, aínda debe ser investigado na súa totalidade. Case non hai fontes escritas relativas á historia da construción do castelo na Idade Media. Existen referencias documentais do outeiro do ano 954 co nome mone nore, que significa cerro negro. A descrición servía para aclarar os limites e a quen pertencía unha propiedade, e foi utilizado como un marcador de referencia significativo. O nome Nürburg crese que deriva de mons nore, como a cor do basalto volcánico utilizado para construír o castelo, dunha cor inusualmente escura.

O castelo de Nürburg é considerado como o "castelo máis alto de Renania-Palatinado", e nun día claro, poden verse as torres da Catedral de Colonia.

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria e Idade Media[editar | editar a fonte]

A historia de cando se fundou Nürburg non esta definitivamente aclarada. Non hai evidencia que suxira que fora construído enriba dun Campamento romano, a opinión local xeneralizada. Os descubrimentos de moedas romanas non constitúen probas suficientes. Debido á similitude entre os nomes, unha lenda ata di que Nürburg foi unha fortaleza establecida polo emperador Nerón. Entre outras cousas, restos arqueolóxicos de túmulos testemuñan o feito de que a área que rodea o castelo foi poboada en tempos históricos. Con todo, non hai indicios de que o outeiro do castelo fora o fogar dun refuxio ou fortificación amurallada prehistórica, como se pensa de cando en vez.

Mentres que os historiadores locais opinan que o castelo foi erixido por Teodorico I, Conde de Are, (falecido en 1132) como sé para o Tribunal de Adenau, actualmente crese que foi o seu fillo Ulrich von Are, auto proclamado conde de Nürburg, a persoa responsable da posta en marcha da construción do castelo, malia que non hai ningún material orixinal para apoiar esta teoría. O castelo de Are está situado por encima de Altenahr, e foi construído por unha serie de condes, probablemente, os condes de Ahrgau. Asociados coa nobreza carolinxia e chamouse así logo dela.

Nürburg está situado a 20 km ao sur do castelo, de onde era orixinario o círculo familiar dos Condes de Are, cuxos membros remóntanse ao século noveno. No século 10, foron os autores dos dereitos do que servirían posteriormente para fundar o pobo de Nürburg. Os condes foron capaces de construír un poder independente dentro do Alto Eifel e na parte alta do Ahr e esta base de poder centrouse entre Adenau, Nürburg, e Altenahr. Os condes dividíronse en varias liñas ancestrais: a liña de Are-Hochstaden mantiveron a propiedade do pobo de Nürburg.

Ao redor de 1220-1230, unha liña ancestral diferente construíu o Castelo Neuenahr. Coa morte do conde Lothar en torno a 1246, os condes de Are-Hochstaden extinguíronse. A súa facenda foi herdada polo arcebispo de Colonia ( Konrad von Are-Hochstaden).

O conde Ulrich von Nürburg aparece por primeira vez nos documentos que o vinculan á Nürburg en 1169. El é considerado como a persoa responsable da posta en marcha da construción do castelo. Hai un documento de 1166 no que se cita Are e o castelo de Nürburg no contexto dos dereitos que o arcebispo de Colonia concedeu ao conde Ulrich e a súa familia. Nese momento, o castelo era unha casa aberta do arcebispo de Colonia: os dereitos de apertura permitíanlle o acceso ao castelo e a opción de utilizalo si necesitábao. Naqueles días, os condes de Are-Nürburg eran partidarios da familia imperial Staufian.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Os historiadores sospeitaban que os oficiais que usaron o castelo desde o século XIV ao XVI estaban máis preocupados pola explotación do castelo que da súa preservación. Isto reflíctese na gran cantidade de danos que Augustin von Braunsberg observou cando financiou a súa reparación en 1534. De acordo co seu informe, tiña a porta ao val reconstruída e tiña un estabulo construído no patio. Unha tormenta tamén arrincara o teito da torre principal e danado as bóvedas interiores. Co fin de evitar o seu colapso total, a torre foi reconstruída en 1535. Augustin tamén financiou a construción dunha fábrica de cervexa, estabulo, carnicería, e unha panadería dentro dos muros.

En 1587, o castelo foi saqueado por soldados holandeses. Tamén hai informes dos danos e a decadencia do castelo a principios do século XVII. A ocupación en 1605 por soldados do sur de Europa causou danos significativos. Os soldados quitaron os reforzos de chumbo na torre principal, deixándoa nun perigoso estado ao bordo do colapso. En 1607, recadáronse fondos pola comisión arcebispal local e nas obras de restauración levadas a cabo en 1612, instaláronse 77 fiestras para facer o castelo máis habitable. Pero, ese mesmo ano, unha forte tormenta arrincou as chemineas e os teitos dalgúns dos edificios deixando o castelo nun estado case ruinoso. En 1633, durante a Guerra dos Trinta Anos, o castelo foi ocupado polas tropas suecas como unha posición defendible, e por 1656, o castelo caeu nun estado de case inhabitabilidade Malia que os muros se desmoronaron, o castelo foi sendo visto como un lugar importante militarmente, debido á súa posición alta e a relativa facilidade de defensa.

En 1752, utilizouse a torre principal do castelo de Nürburg como prisión, ata que os calabozos caeron nun estado de ruína total. A partir deste momento, o castelo foi abandonado e deixado á destrución, xa que os labregos da zona levábanse as pedras do lugar para o seu uso como material de construción. Actualmente o hotel Burgstube na base do castelo evidencia o uso destas pedras na súa construción, que data do século XVII. Os frades franciscanos de Adenau emitiron un decreto para coller tantas pedras como necesitasen para reparar o seu convento.

Debuxos de finais do século XVII mostran o castelo como unha completa ruína. En 1792, os franceses ocuparon a parte esquerda do Rin, e en 1801, o exército francés destruíu as partes restantes do muro exterior, deixando só o muro interior e a torre principal de pé para dar fe do que foi Nürburg.

Os traballos de restauración iniciáronse en 1846-1878, onde se renovou a torre principal. Foi construída unha escaleira de pedra na torre, a bóveda superior foi reconstruída co fin de proporcionar puntos de vista sobre todo o Alto Eifel. En 1871, o muro interior e a porta principal foron completamente reconstruídas na forma en que se ve hoxe, e con teitos cónicos estilo de conto de fadas que non eran orixinais das torres do muro.

En 1953-1971, o castelo foi transferido á administración de Renania-Palatinado. Co diñeiro investido en Nürburg para proxectos de reparación e expansión do circuíto de Nürburgring, levouse a cabo un extenso traballo no castelo. Os muros das salas foron reconstruídos, e o apontoamento das torres terminado a fin de que o castelo fose seguro para os turistas.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nürburg