Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata é un famoso festival de cine internacional que se realiza todos os anos na cidade de Mar del Plata (Arxentina). Este festival pertence á categoría "A", recoñecido así pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado en 1954, polo daquelas presidente Juan Domingo Perón, e non se trataba dun festival competitivo, senón dunha mostra internacional chamada "Festival Cinematográfico Internacional". Xa nesa primeira edición, o festival contou con figuras internacionais, da talla de Gina Lollobrigida e Errol Flynn. Despois desta, prodúcese unha descontinuidade de catro anos, até 1959, cando a Asociación de Cronistas Cinematográficos de Arxentina se fai cargo do festival.

A partir do ano seguinte e até 1970, sucederase anualmente os festivais ensinando as distintas vertentes artísticas cinematográficas da década dos 60, con figuras invitadas tales como Paul Newman, Alberto Sordi, Pier Paolo Pasolini, Vittorio Gassman, Toshirō Mifune, François Truffaut, Karel Reisz, Catherine Deneuve, Juan Antonio Bardem, Anthony Perkins, Jean-Paul Belmondo, Maria Callas, Cantinflas, Andrzej Wajda, Jacques Tati, Lee Strasberg, George Hamilton, entre outros.

En 1964, o festival mudouse temporalmente e por única vez a Bos Aires e denominouse Festival Cinematográfico Internacional da República Arxentina. No ano 1966 un golpe de estado na Arxentina produce cambios e o Instituto de Cine faise cargo dos festivais dos anos 1968 e 1970. Nos anos 1967 e 1969 non se celebrou o festival.

Despois de 1970 houbo unha pausa de 25 anos, e se ben se produciron intentos de reactivalo, isto non pasou até 1996, cando o festival regresou completamente renovado. Nesta nova etapa comezouse a realizar no mes de novembro, aínda que desde 2001 volvería ao seu mes tradicional de marzo, e desde 2008, trasladouse novamente para novembro.

Premios[editar | editar a fonte]

Orixinalmente os premios foron denominados "Ombú", até o ano 2004, cando lle cambian o nome dos premios a "Astor", na honra de Astor Piazzolla. O xurado é internacional e está composto por cineastas, artistas, profesores e teóricos do mundo do cine. Actualmente entréganse os premios Astor a mellor película, mellor director, mellor actriz, mellor actor, mellor guión, mellor película iberoamericana e máis un premio especial do xurado.

Lista de premiados[editar | editar a fonte]

Ano Gañadores
2010 Mellor filme: Essential Killing, de Jerzy Skolimowski (Polonia)
Premio especial do xurado: Beli, beli svet, de Oleg Norkovic (Serbia)
Mellor director: Alexei Fedorchenko, por Ovsyanki (Rusia)
Mellor actriz: Mirela Oprisor e Maria Popistasu (ex aequo) por Marţi, după Crăciun (Romanía)
Mellor actor: Vincent Gallo, por Essential Killing
Mellor guión: Denis Osokin, por Ovsyanki
Mención especial: Chantapras, de Otar Iosseliani (Francia)
2009 Mellor filme: Cinco días sin Nora, de Mariana Chenillo (México)
Premio especial do xurado: El Cuerno de la Abundancia, de Juan Carlos Tabío (Cuba)
Mellor director: Elia Suleiman, por The Time That Remains (Palestina)
Mellor actriz: Allison Janney por Life During Wartime, de Todd Solondz (Estados Unidos)
Mellor actor: Gary Piquer por Mal día para pescar, de Alvaro Brechner (España/Uruguai)
Mellor guión: Cesc Gay por V.O.S. (España)
Mención especial: El Cuerno de la Abundancia, de Juan Carlos Tabío (Cuba)
2008 Mellor filme: Aruitemo aruitemo, de Hirokazu Koreda (Xapón)
Premio especial do xurado: De ofrivilliga, de Ruben Östlund (Suecia)
Mellor actor: Kiyoshi Kurosawa, por Tokyo Sonata (Xapón)
Mellor actriz: Isabelle Huppert por Home, de Ursula Meier (Suíza/Francia/Bélxica)
Mellor actor: Ulrich Thomsen por Den du frygter, de Kristian Levring (Dinamarca)
Mellor guión: Kristian Levring e Anders Thomas Jensen for Den du frygter
Mención especial: Regreso a Fortín Olmos de Patricio Coll e Jorge Goldenberg (Arxentina)
2007 Mellor filme: Ficció, de Cesc Gay (Cataluña)
Premio especial do xurado: Gardens in Autumn, de Otar Iosseliani (Francia-Italia-Rusia)
Mellor director: ex aequo a Marina Spada, por Come l'ombra (Italia) e Hong Sang-soo por Haebyeoneui Yeoin (Corea do Sur)
Mellor actriz: Sandra Hüller, por Madonnen (Alemaña-Suíza-Bélxica)
Mellor actor: Carlos Resta, por La peli (Arxentina)
Mellor guión: Zaza Rusadze e Dito Tsintsadze, por Der Mann von der Botschaft (Alemaña)
Mención especial: O Maior Amor do Mundo, de Carlos Diegues (Brasil)
2006 Mellor filme: Noticias lejanas, de Ricardo Benet (México)
Mellor director: Marco Martins, por Alice (Portugal)
Mellor actriz: Justine Clark, por Look Both Ways (Australia)
Mellor actros: William Macy, por Edmond (Estados Unidos)
Mellor guión: Sarah Watt, por Look Both Ways (Australia)
Mellor filme iberoamericano: Cinema, Aspirinas e Urubus, de Marcelo Gómez (Brasil) e Derecho de familia, de Daniel Burman (Arxentina)
Mención especial: Be with Me, de Eric Khoo (Singapur)
Mención especial: Café Transit, de Kambozia Partovi (Francia/Irán)
2005 Mellor filme: Le grand voyage, de Ismaël Ferroukhi (Francia/Marrocos)
Mellor director: Yasmine Kassari, por L'Enfant Endormi (Marrocos/Bélxica)
Mellor actriz: Emmanuelle Devos, por La Femme de Gilles (Bélxica) e Laura Linney, por P.S. (Estados Unidos)
Mellor actor: Mohamed Majd, por Le grand voyage (Francia/Marrocos)
Mellor guión: Bernd Eichinger, por Der Untergang, de Oliver Hirschbiegel (Alemaña/Italia)
Mellor película iberoamericana: Quase Dois Irmaos, de Lucía Murat (Brasil)
Premio especial do xurado: Jab-e Talj, de Mohsen Amiryoussefi (Irán)
2004 Mellor filme: Buena Vida Delivery, de Leonardo Di Cesare (Arxentina)
Mellor director: Benedek Fliegauf, por Dealer (Hungría)
Mellor actriz: Nicoletta Braschi, por Mi piace lavorare (Italia)
Mellor actor: Luis Tosar, por O lapis do carpinteiro (Galiza) e Alejandro Urdapilleta, por Adiós querida luna (Arxentina)
Mellor guión: Leonardo Di Cesare e Hans Garrino, por Buena Vida Delivery (Arxentina)
Mellor película iberoamericana: O outro lado da rúa, de Marcos Bernstein (Brasil)
Premios especial do xurado: Mi piace lavorare, de Francesca Comencini (Italia)
Mención especial: Dealer, de Benedek Fliegauf (Hungría)
Mención especial: Touching the Void, de Kevin Macdonald (Gran Bretaña)
2003 Mellor filme: Separaçoes, de Domingos de Oliveira (Brasil)
Mellor director: Antonio Chavarrías, por Volverás (España)
Mellor actriz: Zooey Deschanel, por All the Real Girls (Estados Unidos)
Mellor actor: Domingos de Oliveira, por Separaçoes (Brasil)
Mellor guión: David Ofek/Yossi Madmon/Lior Shefer, por Hamangalistim (Israel)
Mellor película iberoamericana: El Fondo del Mar, de Damián Szifron (Arxentina)
Premio especial do xurado: Valentín, de Alejandro Agresti (Arxentina)
Mención especial: At kende sandheden, de Nils Malmros (Dinamarca)
Mención especial: Tristán Ulloa, por Volverás (España)
2002 Mellor filme: Bolívar soy yo, de Jorge Alí Triana (Colombia)
Mellor director: István Szabó, por Taking Sides (Alemaña/Hungría)
Mellor actriz: Kirsten Dunst, por The Cat's Meow (Estados Unidos)
Mellor actor: Stellan Skarsgård por Taking Sides e Libero de Rienzo, for Santa Maradona (Italia)
Mellor guión: Caryl Phillips, por The Mystic Masseur (Reino Unido/India)
Mellor película iberoamericana: Bolívar soy yo, de Jorge Alí Triana (Colombia)
Premio especial do xurado: Caja Negra, de Luis Ortega (Arxentina)
Mención especial: Annas Sommer, de Jeanine Meerapfel (Alemaña)
Mención especial: Revolution nº 9, de Tim McCann (Estados Unidos)
2001 Mellor filme: Ta Ja, Zlodziej, de Jacek Bromski (Polonia)
Mellor director: Jean-Pierre Denis, por Les Blessures Assassines (Francia)
Mellor actriz: Julie-Marie Parmentier, por Les Blessures Assassines (Francia)
Mellor actor: Ulises Dumont e Federico Luppi, por Rosarigasinos (Arxentina)
Mellor guión: Ta Ja, Zlodziej, de Jacek Bromski (Polonia)
Mellor película iberoamericana: Anita no pierde el tren, de Ventura Pons (España)
Premio especial do xurado: Shahr-E Zanan, de Ataollah Hayati
Mención especial: Rosa María Sardá, por Anita no pierde el tren (España)
1999 Mellor filme: As bodas de Deus, de Joao Cesar Monteiro (Portugal)
Mellor director: Giuseppe Bertolucci, por Il dolce rumore della vita (Italia)
Mellor actriz: Reddy Gibbs, por Crossing Fields (Estados Unidos)
Mellor actor: Matthew Lillard, por SLC Punk (Estados Unidos)
Mellor guión: Pablo Nisenson e José Pablo Feinmann, por Angel, la diva y yo (Arxentina)
Mellor película iberoamericana: Ángel, la diva y yo (Arxentina)
Premio especial do xurado: Sokkotansi, de Matti Ijas (Finlandia)
Mención especial: El mar de Lucas, de Víctor Laplace (Arxentina)
1998 Mellor filme: Abr-O Aftaab, de Mahmoud Kabari (Irán)
Mellor director: Paolo y Vittorio Taviani, por Tu ridi (Italia)
Mellor actriz: Yelda Reynaud por Yara (Alemaña/Turquía)
Mellor actor: Regis Royer por Lautrec (Francia) / Paschalis Tsarouchas por Vassiliki (Grecia)
Mellor guión: Pablo Torre, por La cara del ángel (Arxentina)
Mellor película iberoamericana: Amor & Cia de Helvecio Ratton (Brasil)
Premio especial do xurado: Inquietude de Manoel de Oliveira (Portugal)
Mención especial: Mala época de Mariano De Rosa, Rodrigo Moreno, Salvador Roselli e Nicolás Saad (Arxentina)
Mención especial: La primera noche de mi vida de Miguel Albaladejo (España)
1997 Mellor filme: The Tango Lesson, de Sally Potter (Reino Unido)
Mellor director: Ricardo Franco, por La buena estrella (España)
Mellor actriz: Geno Lechner, por Gesches Gift (Alemaña)
Mellor actor: Antonio Resines / Jordi Molla por La buena estrella (España)
Mellor guión: Thom Fitzgerald, por The Hanging Garden (Canadá)
Mellor película iberoamericana: Plaza de almas, de Fernando Diaz (Arxentina)
Premio especial do xurado: Mrs. Brown, de John Madden (Reino Unido)
Mención especial: Star Maps, de Miguel Arteta (Estados Unidos)
1996 Mellor filme: El Perro del Hortelano, de Pilar Miró (España)
Mellor director: Zhang Yuan, por Dong gong xi gong (China)
Mellor actriz: Renée Zellweger por The Whole Wide World (Estados Unidos)
Mellor actor: Silvio Orlando, por La Mia Generazione (Italia)
Mellor guión: Zhang Yuan e Wang Xiaobo por Dong gong xi gong (China)
Mellor película iberoamericana: Buenos Aires Vice Versa, de Alejandro Agresti (Arxentina)
Premio especial do xurado: Kriegelbilder de Heiner Stadler (Alemaña)
Mención especial: Zhang Jian, pola fotografía de Dong gong xi gong (China)
Mención especial: Pierre Louis Thevenet, pola dirección artística de Tranvía a la Malvarrosa
1970 Mellor filme: Macunaíma, de Joaquim Pedro de Andrade (Brasil)
Mellor director: Frank Perry, por The Last Summer (Estados Unidos)
Mellor actor: Ugo Tognazzi, por Il Commissario Pepe (Italia)
Mellor actriz: Liza Minnelli, por The Sterile Cuckoo (Estados Unidos)
Mellor película en español: Juan Lamaglia y Sra., de Raúl de la Torre (Arxentina)
1968 Mellor filme: Bonnie and Clyde, de Arthur Penn (Estados Unidos)
Mellor director: Gyorgy Révész, por Egy Szerelem Három Éjszakája (Hungría)
Mellor actor: Tony Musante, por The Incident (Estados Unidos)
Mellor actriz: Annie Girardot, por Vivre pour vivre (Francia)
1966 Mellor filme: ¡At' Zije Republika!, de Karel Kachyňa (Checoslovaquia)
Mellor director: Antonio Pietrangeli, por Io la conoscevo bene (Italia)
Mellor actor: Yevgueni Lebdenev, por Posledniy Mesyats Osenj (Unión Soviética)
Mellor actriz: Mireille Darc, por Galia (Francia)
1965 Mellor filme: Gli Indifferenti, de Francesco Maselli (Italia)
Mellor director: Claude Lelouch, por Une fille et des fusils (Francia)
Mellor actor: Martin Held, por Die Festung (Alemaña)
Mellor actriz: Nuria Torray, por Diálogos de la Paz (España)
1964 Mellor filme: I compagni, de Mario Monicelli (Italia)
Mellor director: Karel Kachyňa, por Nadeje (Checoslovaquia)
Mellor actor: Vittorio Gassman / Ugo Tognazzi, por I Mostri (Italia)
Mellor actriz: Natalie Wood, por Love with the Proper Stranger (Estados Unidos)
Mellor película en español: El Demonio en la Sangre, de René Múgica (Arxentina)
1963 Mellor filme: Az Angyalok Földje, de Gyorgy Révész (Hungría)
Mellor director: Dino Risi, por Il Sorpasso (Italia)
Mellor actor: Tom Courtenay, por The Loneliness of the Long Distance Runner (Reino Unido)
Mellor actriz: Wanda Luczycka, por Gloz z Tamtego Swiata (Polonia)
1962 Mellor filme: I Giorni Contati, de Elio Petri (Italia)
Mellor director: François Truffaut, por Jules et Jim (Francia)
Mellor actor: Paul Newman, por The Hustler (Estados Unidos)
Mellor actriz: Nadezha Rumiántseva, por Devchata (Unión Soviética)
1961 Mellor filme: Saturday Night and Sunday Morning, de Karel Reisz (Reino Unido)
Mellor director: Henri-Georges Clouzot, por La Verité (Francia)
Mellor actor: Albert Finney, por Saturday Night and Sunday Morning
(Reino Unido)
Mellor actriz: Susan Strasberg, por Kapò (Italia)
Mellor película en español: Shunko, de Lautaro Murua (Arxentina)
1960 Mellor filme: Die Brücke, de Bernhard Wicki (Alemaña)
Mellor director: Pietro Germi, por Un maledetto imbroglio (Italia)
Mellor actor: Paul Muni, por The Last Angry Man (Estados Unidos)
Mellor actriz: Eleonora Rossi Drago, por Estate Violenta (Italia)
1959 Mellor filme: Smultronstället, de Ingmar Bergman (Suecia)
Mellor director: Rolf Thiele, por Das Madchen Rosemarie (Alemaña)
Mellor actor: Victor Sjostrom, por Smultronstället (Suecia)
Mellor actriz: Susan Hayward, por I Want to Live! (Estados Unidos)
Mellor película en español: El jefe, de Fernando Ayala (Arxentina)
1954 Non se deron premios

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]