Renée Zellweger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renée Zellweger
Renée Zellweger cropped.jpg
Zellweger en 2010.
Nacemento Renée Kathleen Zellweger
25 de abril de 1969 (45 anos)
Katy, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Kenny Chesney (2005; anulado)
Ficha na IMDb

Renée Kathleen Zellweger, nada en Katy, Texas o 25 de abril de 1969 é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tralo instituto estudou na University of Texas en Austin, onde recibiu clases de arte dramática, inicialmente para conseguir créditos para graduarse, pero aí descubriu o seu interese pola interpretación. Os seus primeiros traballos foron na publicidade.

Desde 1991 apareceu en pequenos filmes. O seu primeiro papel protagonista foi no filme de terror de 1994 Texas Chainsaw Massacre: The Next Generation, con Matthew McConaughey. Porén, o papel que a fixo máis popular foi en Jerry Maguire.

En 2001 interpretou o papel de Bridget Jones en Bridget Jones’s Diary, baseada na novela de Helen Fielding.

En 2003, na súa terceira candidatura consecutiva ao premio, gañou o Oscar á mellor actriz de reparto por Cold Mountain, de Anthony Minghella.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1994 Reality Bites
1994 Love and a .45
1994 Shake, Rattle and Rock!
1994 Rebel Highway
1994 Texas Chainsaw Massacre: The Next Generation
1995 Empire Records
1995 The Low Life
1996 The Whole Wide World
1996 Jerry Maguire
1997 Deceiver
1998 A Price Above Rubies
1998 One True Thing
1999 The Bachelor
2000 Nurse Betty
2000 Me, Myself & Irene
2001 Bridget Jones's Diary
2002 White Oleander
2002 Chicago
2003 Down with Love
2003 Cold Mountain
2004 Bridget Jones: The Edge of Reason
2005 Cinderella Man
2006 Miss Potter
2008 Leatherheads
2008 Appaloosa
2009 New in Town
2009 My One and Only
2009 Case 39
2010 My Own Love Song

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Renée Zellweger Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]