Dino Risi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dino Risi
Dino Risi Cannes.jpg
Dino Risi no Festival de Cannes
Nacemento Dino Risi
23 de decembro de 1916
Milán, Italia Italia
Falecemento 7 de xuño de 2008 (91 anos)
Roma, Italia Italia
Profesión Director de cine (1946 - 2002)
Fillo(s) Claudio e Marco

Dino Risi, nado en Milán o 23 de decembro de 1916 e finado en Roma o 7 de xuño de 2008, foi un director de cine italiano, considerado un dos "mestres" da Commedia all'italiana xunto con Mario Monicelli, Luigi Comencini, Nanni Loy e Ettore Scola.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Risi ficou orfo con doce anos, quedando ó coidado de parentes e amigos da súa familia. [1] Estudou medicina e converteuse máis tarde en psiquiatra.

Comezou a súa carreira no cinema como asistente de dirección de cineastas como Mario Soldati e Alberto Lattuada. Máis tarde comezou a dirixir os seus propios filmes nos que deu oportunidades a futuras estrelas de cine como Sophia Loren e Vittorio Gassman.[1]

Os seus maiores logros foron Poveri ma belli, seguida por dúas secuelas tamén dirixidas por el; Una vita difficile; Il sorpasso; I Mostri ou, en curtametraxe, I Mostri; e Profumo di Donna, que foi protagonizada por Al Pacino en 1992.

No 2002, foi premiado co "León de Ouro pola súa traxectoria" (Leone d'oro alla carriera) e no Festival de Cine de Venecia polo seu traballo. Dous dos seus filmes, Il giovedì e Il commissario Lo Gatto, foron mostradas nunha sección retrospectiva na comedia italiana no "67 Festival de Cine Internacional de Venecia".[2]

Deixou dous fillos, Claudio e Marco.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]