Natalie Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNatalie Wood

(1973) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Наталья Николаевна Захаренко Editar o valor em Wikidata
20 de xullo de 1938 Editar o valor em Wikidata
San Francisco (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Ilha de Santa Catalina (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Secundaria de Van Nuys
Hollywood Professional School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz infantil , actriz de cinema , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata - 1981 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Wagner (1972–1981), morte
Richard Gregson (pt) Traducir (1969–1972), divorcio
Robert Wagner (1957–1962), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosNatasha Gregson Wagner (pt) Traducir
 () Richard Gregson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLana Wood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000081 Allocine: 467 Rottentomatoes: celebrity/natalie_wood Allmovie: p77340 TCM: 208984 Metacritic: person/natalie-wood TV.com: people/natalie-wood
Spotify: 3JTGo8MMuHpzKcwRDuhWEG iTunes: 250104512 Last fm: Natalie Wood Musicbrainz: c86e20e3-373f-4abf-9658-7dd2f9ff01c4 Discogs: 778217 WikiTree: Zacharenko-1 Find a Grave: 1124 Genius: Natalie-wood Editar o valor em Wikidata

Natalie Wood, pseudónimo de Natalia Nikolayevna Zakharenko, nada en San Francisco (California) o 20 de xullo de 1938 e finada en Santa Catalina (California) o 29 de novembro de 1981, foi unha actriz estadounidense de cinema e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu co nome de Natalia Nikolayevna Zakharenko. Os seus pais emigraran de Rusia pouco antes. Axiña o seu pai substituíu o apelido familiar polo de Gurdin e aos catro anos quedou inscrita no rexistro como Natasha Gurdin. Ela falaba inglés e ruso.[1]

Empuxada e apoiada pola súa ambiciosa nai Maria, Natalie Wood converteuse nunha estrela de cine infantil, que interveu en numerosas películas con notable éxito, e foi unha das poucas que conseguiu levar a cabo a transición de estrela infantil cara a actriz adulta.

Natalie Wood gozou durante un período do estrelato, debido sen dúbida ao seu físico, á súa capacidade expresiva e á eficacia das súas actuacións. Foi nomeada ao Óscar en tres ocasións, pola súa interpretación en Rebel without a cause, Esplendor na herba e Love with the Proper Stranger.

Outro dos seus grandes filmes foi West Side Story, no que interpretou o papel principal de María. Xa que Wood tiña unha bonita voz, foi ela quen cantou todas as súas cancións. Con todo, finalmente foi dobrada por unha cantante profesional, o que lle ocasionou unha gran decepción.

Nestes anos, no apoxeo da súa carreira cinematográfica, foi considerada a actriz máis popular de Hollywood xunto con Elizabeth Taylor. O seu historial inclúe outras películas importantes como Centauros do deserto, de John Ford e The Candidate cun novo Robert Redford.

Wood estivo casada en dúas ocasións co actor Robert Wagner. Estivo un tempo de noiva cos actores Michael Caine, Steve McQueen, Tony Curtis, Warren Beatty, Dennis Hopper, o cantante Elvis Presley, o director de cine Henry Jaglom, e o político Jerry Brown[2].

Faleceu despois de caer ó mar desde o barco onde estaba, próximo á illa de Santa Catalina, California.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Natalie Wood Biography – Yahoo! Movies". Movies.yahoo.com. Consultado o 2010-06-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]